No momento no que se produza o reinicio do servizo será preciso, en todo caso, atender ás directrices que se determinen pola Xunta ou entidades competentes con respecto ás ratios, medidas de hixiene e seguridade ou demais limitacións e requisitos de aplicación ao mesmo, co obxectivo de que a reapertura da gardería se poida realizar garantindo a seguridade e saúde dos nenxs. Asemade, dende o gobeno municipal infórmase aos veciños e veciñas de da apertura do prazo de matrícula da gardería municipal para o curso 2020-2021, que poderá realizarse ata o 15 de xullo. Os modelos, tanto de reserva de praza como de novo ingreso, estarán colgados na web municipal























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



