Madrid, 26 de xuño, 2020. O Consello de Ministros aprobou hoxe o Fondo Español de Reserva para Garantías de Entidades Electrointensivas, para a cobertura por conta do Estado dos riscos derivados de operacións de compravenda a medio e longo prazo da subministración de enerxía eléctrica entre consumidores de enerxía eléctrica que teñan a condición de consumidores electrointensivos.
“Con la creación del fondo cumplimos el compromiso político de apoyo al sector industrial electrointensivo” sinala a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto; “es una medida clave para ayudar a la gran industria a rebajar su factura energética alcanzando un precio estable, y a hacerla más competitiva; a la vez, da seguridad y certidumbre para impulsar las inversiones en las plantas”. O FERGEI está dotado con 200 M€ anuais, para cubrir, como máximo, 600 M€ de investimento en tres anos. A administración da tesourería do Fondo encoméndase ao Consorcio de Compensación de Seguros e desígnase como Axente Xestor á Compañía Española de Seguros de Crédito para a Exportación (CESCE). Para que as industrias poidan obter esas garantías para PPA, deberán contratar polo menos por cinco anos un 10% do seu consumo anual, unha vez que o fondo fose posto en marcha.
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo estima en máis de seiscentos o número de beneficiarios potenciais, e que o 80 por cento dos consumidores
electrointensivos podería asinar contratos deste tipo por dez anos.
Este instrumento está integrado no Estatuto do Consumidor Electrointensivo,
que se atopa na última fase de tramitación, e aprobarase nas próximas
semanas.
