Tódolos servizos do complexo turístico viveirense están xa disponibles para os seus clientes baixo cita previa e sempre cumplindo estrictamente as normas de prevención e hixiene indicadas polas autoridades sanitarias. No Hotel Thalasso Cantábrico de catro estrelas xa se atopan plenamente operativos tódolos seus departamentos, como o propio hotel, a cafetería e o Restaurante Panorámico que desde a súa azotea ofrecen unhas vistas panorámicas inmellorables da ría de Viveiro. O seu centro de thalassoterapia tamén abriu xa as súas portas, sempre con cita previa e garantizando a seguridade de tódolos visitantes.
