O Concello de Xove continuando co seu obxectivo de realizar actividades dirixidas a manter un envellecemento activo das persoas maiores do municipio, pon en marcha durante o mes de xullo o “Taller de Memoria”. Este ano, debido ás medidas de seguridade decretadas pola alerta sanitaria, non será presencial. As persoas interesadas, maiores de 60 anos, deben contactar telefónicamente coa Educadora Familiar, Angélica Casabella, responsable do servizo. Unha vez anotadas, deberán recoller no Concello o material de memoria cada quince días.
