Lugo, 21 de xullo de 2020. A Deputación de Lugo decidiu este martes retomar as visitas nos seus centros de maiores en Pol e A Fonsagrada, que permanecían pechados dende o 5 de xullo como medida preventiva ante o rebrote de Covid-19 xurdido na comarca da Mariña. A reapertura será en dúas fases: unha primeira que comeza hoxe e, unha segunda, á que avanzarán unha vez que o servizo de Benestar avalíe a situación epidemiolóxica da provincia.
Esta primeira fase que comeza hoxe permite que acudan ao centro dous visitantes á semana por persoa usuaria, ou ben, dous visitantes por grupos de usuarios (cónxuxes, irmáns…) para procurar diminuír o risco de contaxio. Estas visitas realizaranse con cita previa, de luns a venres, onde se informará de día, hora, duración e medidas que se deben adoptar para realizar a visita en condicións de seguridade. Habilítanse dúas modalidades de visitas: a que se realiza nas instalacións do centro, e a que permite unha saída do recinto con acompañamento de persoal da residencia.
A maiores, os usuarios poderán realizar dúas saídas á semana dunha duración máxima de dúas horas. Nestes paseos, deberán evitar lugares moi concorridos para que non se dean situacións de alto risco de contaxio. Así mesmo, tamén se reanuda o servizo de quiropodia, tendo en conta a importancia que estes coidados teñen para as persoas maiores e o seu benestar.
Transcorridos 7 días, o servizo de Benestar da Deputación de Lugo avaliará a situación epidemiolóxica na provincia para decidir se se flexibilizan as medidas e se avanza a unha segunda fase. Esta segunda fase permitirá 3 visitas á semana que se poderán realizar tamén na fin de semana, e os usuarios poderán realizar 3 saídas persoais á semana. En relación aos servizos, reanudarase o servizo de perruquería.
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, explica que se actúa con prudencia e anticipación nestes centros, a pesar de que o brote non era nas súas comarcas porque “queremos minimizar o risco de contaxio e protexer aos nosos maiores naquelas cuestións que están ao noso alcance”. Engade que “a mellor pauta que se pode seguir para facerlle fronte ao virus neste momento é a distancia social, non podemos poñer en risco aos nosos maiores e é preferible limitar o acceso agora que máis tarde ter que lamentar consecuencias maiores”.
Rivera Capón puntualiza que é “fundamental protexer aos usuarios e usuarias das residencias, xa que son as máis vulnerables xunto ás que padecen patoloxías previas fronte a esta pandemia do coronavirus Covid-19”.
Cada centro irá evolucionando segundo as circunstancias sanitarias da zona na que se atopa ubicado, respectando en todo momento as decisións adoptadas polas autoridades sanitarias. “Estamos mantendo contactos de maneira diaria coas consellerías de Sanidade e Política Social para aplicar os protocolos axeitados e así o seguiremos facendo”, sostén o Deputado.
A Deputación de Lugo continúa aplicando nas residencias e no conxunto de edificios da súa titularidade un reforzo engadido do servizo de limpeza, prestando especial atención ás zonas de acceso e saída dos sectores de illamento, escaleiras, portas, ascensores, zonas de deambulación, entre outras, para reducir o risco de transmisión do coronavirus.




















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



