A Mariña, 18 de xullo, 2020. O novo deputado do BNG, o ribadense Dani Castro, nº2 por Lugo nas eleccións do pasado domingo, falou este xoves en Voces de Lugo e A Mariña de RadioVoz. Castro será o máis novo de cantos parlamentarios pasa e pasou polo Hórreo. Con conciencia política e de país desde ben cativo, apuntou a Olalla Rodil como a súa política espello. Agarda poder defender os importantes problemas que azotan Galicia e Lugo particularmente nesta nova lexislatura. Alcoa, o emprego, a sanidade, o rural… Dani aproveitará o verán para trasladarse a Compostela e adaptarse á nova vida dentro do principal grupo da oposición do parlamento galego.
Escoita aquí completa a entrevista.
https://www.ivoox.com/54064391
