Ribadeo, 3 de xullo de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que nos últimos catorce días non houbo ningún caso de coronavirus no concello. O rexedor fai unha chamada á responsabilidade da veciñanza e valora de xeito positivo a xuntanza mantida esta mañá con Sanidade. Suárez Barcia expúxolles ás autoridades sanitarias as contradicións nas que incorreron nas últimas semanas.
O alcalde dixo que “se nos pediu compromiso aos alcaldes e alcaldesas para que loitemos coordinados, algo que desde logo no que ten que ver con Ribadeo sempre foi así. Outra cousa é que para iso debe haber coordinación e información permanente desde a Xunta para os Concellos, que ata o día de hoxe non houbo. Por isto teño que dicir que houbo e hai moitos bulos, moita desinformación e moitas veces eu como alcalde téñome enterado polos medios de comunicación de cousas que pasan no noso entorno. A todo isto debo dicir que os responsables da Xunta comprometéronse a manternos informados sistematicamente de como vai evolucionando esta situación”.
O rexedor explicou que “tamén lles indiquei que estiveron dando normas contraditorias nestas situacións como dicir que se podían ir permitindo verbenas, etc…, e que os alcaldes íamos ser quen tivésemos que controlalas ou autorizadas. Dise iso cando máis da metade dos concellos do país non teñen nin sequera Policía Local. Pero en todo caso somos os primeiros preocupados en traballar e facer o imposible para controlar este repunte de casos que hai na Mariña”.
Fernando Suárez engadiu que “a raíz da petición de información soubemos que a día de onte, e desde os últimos catorce días, non houbo casos rexistrados en Ribadeo. Repito que cero casos nos últimos catorce días. Hoxe haberá un que aínda que é de Asturias vaise recoller como da área sanitaria de Galicia, de aquí da Mariña”.
Para o alcalde ribadense “isto clarifica moito para Ribadeo. Desde logo isto non quere dicir que no futuro máis ou menos inmediato pode haber máis casos, como en calquera parte do país ou como en calquera parte do Estado. Polo tanto témonos que comprometer a facer ben as cousas toda a cidadanía, sen distinción. Témonos que comprometer todos e todas, ser responsables e temos que dar unha cousa moi importante sobre a que se basean as relacións sociais, as relacións humanas, que é a confianza. Para dar confianza temos que ofrecer seguridade e para ofrecer seguridade temos que cumprir as normas de seguridade, sen distinción. Desde logo desde o Concello de Ribadeo habemos velar para que sexan cumpridas. Temos moito en xogo. Teño que dicir que estamos ben situados polo momento e queremos que isto siga así. Así que ánimo a todos e todas e nin un paso atrás na loita contra o virus”.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



