Lugo, 4 de xullo. Nunha xuntanza con Xan Valcárcel, Coordinador da Plataforma de Afectados polos Eólicos de Paradela, Miguel Anxo Fernán Vello coñeceu de primeira man as reivindicacións deste colectivo, que denuncia que “os parques eólicos desfán a gandeiría, desfán o turismo rural e desfán caquera posibilidade de desenvolvemento alternativo”.
Asimesmo comprobou como “hai muíños a só 200m das casas, o cal é completamente ilegal, e outros moi perto do Camiño de Santiago”. O candidato por Lugo de Galicia En Común asegurou que “Estamos coas enerxías limpas e sostíbeis, pero o actual modelo de implantación de parques eólicos en Galicia supón un crime económico que afecta á natureza, ao patrimonio, á paisaxe e á saúde.”
Este “crime económico”, engadiu, “supón é un auténtico espolio”, xa que “o 90% do capital detrás destes parques é estranxeiro, ficando en Galicia moi pouco dos beneficios que se obteñen”.
Para facer fronte a esta situación, Miguel Anxo Fernán Vello aponta que “Para Galicia en Común é de obrigado cumprimento reverter o proceso de agresión e de degradación que leva aparellado este modelo eólico, salvagardando os dereitos veciñais, o patrimonio e a natureza, xunto cunha adecuada promoción do tecido produtivo local e o turismo que vén dado pola existencia do Camiño de Santiago que atravesa a zona e a Ribeira Sacra coa que limita”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



