Ribadeo, 4 de xullo de 2020. Esta mañá foi izada a bandeira azul na praia das Catedrais. Ao acto asistiron o alcalde, Fernando Suárez; o concelleiro de Praias e Medio Ambiente, Jorge Díaz; o vicepresidente de Adeac, José Palacios; ademais de representantes da asociación de veciños de Cinxe (A Devesa); de Acisa; do Real Club Náutico de Ribadeo; así como o equipo de salvamento e socorrismo que traballa este verán nos areais ribadenses.
O rexedor dixo que “son momentos difíciles dos que só sairemos ben se actuamos con prudencia e facendo as cousas ben, como as fixemos ata estes últimos anos, polo que fomos merecedores outro ano máis destes galardóns: para As Catedrais, Os Castros-As Illas e o paseo entre As Aceas e o Faro. Pero agora temos que demostrar este verán que o seguimos facendo ben. Aí está este esforzo económico impresionante que fixemos desde o Concello nestes momentos complicados contratando a 28 persoas, entre socorristas, técnicos sanitarios e persoal de limpeza, para coidar da vida dos bañistas, da saúde das persoas cando vaian a espazos comúns, como son os aseos, onde por certo estreamos nas Catedrais e nos Castros un método que nin no Ritz nin no Hilton nin en ningún hotel de 5 estrelas ten, que é unha limpeza individual logo de cada uso por cada persoa”.
E engadiu: “en definitiva para facer o verán máis agradable aos de aquí, aos que nos veñen ver, porque queremos demostrarlle ao mundo con feitos que somos un lugar seguro, que Ribadeo é o mellor sitio para estar e que todos estamos comprometidos en facer as cousas ben. O mesmo que pedimos que os veñan vernos que fagan as cousas igual de ben ca nós”.
Tamén foi izada esta mañá a bandeira azul en Os Castros-As Illas.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



