O pasado venres 26 de xuño presentouse no Seminario de Mondoñedo o facsímile da primeira edición do poemario Codeseira, publicado en Santiago de Compostela en 1933. A presentación tivo lugar durante un acto en memoria do seu autor, Xosé Crecente Vega, celebrado na sala do Seminario que leva o seu nome. Durante o mesmo, representantes de diversas asociacións culturais analizaron a traxectoria de Crecente Vega, a súa obra e as accións desenvolvidas nos últimos tempos, encamiñadas a difundir o seu legado e a propoñer que a próxima edición do Día das Letras Galegas recoñeza o labor deste poeta de Castro de Rei.























No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



