Viveiro, 10 de xullo, 2020. No Diario Oficial de Galicia do día 30 de maio de 2020, publicouse a RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de maio de 2020, polo que se aproba o Protocolo polo que se establecen as medidas preventivas en materia de saúde pública fronte ao COVID-19 para o desenvolvemento da xornada electoral do 12 de xullo de 2020.
O obxectivo deste protocolo é garantir o normal desenvolvemento da xornada electoral ao tempo que se compatibiliza co mantemento da saúde pública, para o que se establecen unha serie de medidas preventivas.
Dende o goberno municipal quérese informar aos veciños e veciñas de Viveiro dalgunhas das medidas e recomendacións establecidas neste protocolo:
Recoméndase que as persoas electoras leven o voto xa preparado desde o domicilio.
Debe evitarse a aglomeración de persoas á entrada e á saída dos locais electorais, mantendo, en todo caso, a distancia de seguridade.
Haberá carteis informativos e indicacións no chan, con marcas espazadas, das distancias mínimas que se deberán manter entre as persoas presentes no local electoral. Estas distancias de seguridade deben respetarse tanto nos accesos como nas zonas de votación.
Terán prioridade para a entrada as persoas votantes maiores de 65 anos ou con algunha discapacidade e as persoas que estas precisan para o seu auxilio.
Só se permitirá o acceso da persoa votante ao colexio electoral, sen prexuízo de que poderá acudir acompañada se necesita o auxilio doutra persoa por razóns de disfuncionalidade.
A permanencia das persoas votantes no local electoral será a indispensable para, se é o caso, a selección da papeleta e para efectuar a votación.
Á entrada dos locais electorais disporase de dispensadores de xel hidroalcohólico e será obriga das persoas votantes utilizalos, previamente á entrega do documento identificativo e do sobre de votación ao/á presidente/a da mesa.
Nas entradas dos locais electorais disporase de luvas de plástico dun só uso, que deberán ser utilizados polas persoas con alerxia aos hidroxeles.
Dotaranse de máscaras cirúrxicas ou hixiénicas todas as persoas votantes no momento de acceso ao local electoral, que se deberán utilizar obrigatoriamente (agás que a persoa votante xa acuda ao local electoral provista dunha máscara cirúrxica ou hixiénica propia) ou teñan contraindicación médica para o seu uso de acordo co disposto na Orde SND/422/2020, do 19 de maio, tales como discapacidade ou dificultade respiratoria.
Co fin de minimizar o intercambio de obxectos, existirá un dispositivo na mesa electoral (bandexa ou similar) onde o votante poida depositar o documento de identificación sen necesidade de manipulación polos membros da mesa electoral.
Tanto as persoas integrantes das mesas como o resto das persoas asistentes e as persoas votantes deberán extremar as medidas de hixiene respiratoria como, ao tusir, cubrir a boca cun pano dun só uso ou contra o brazo co cóbado flexionado. Igualmente, evitarán tocar os ollos, o nariz ou a boca.
Por outra banda, lémbrase que para dar cumprimento ás medidas preventivas establecidas foi necesario cambiar de ubicación dúas mesas electorais que anteriormente estaban ubicadas no Conservatorio Profesional de Música; trátase da MESA 01 003 A e da MESA 01 003 B, que na xornada electoral do vindeiro 12 de xullo estarán instaladas na Sala Multiusos da Casa do Concello. Deste xeito, os veciños e veciñas que viven nas seguintes rúas deberán votar na sala multiusos:
Alfolíes (completa)
Antonio Bas (completa)
Benito Galcerán (completa)
Cervantes (completa)
Constanza de Castro (impares)
Díaz Freijo (completa)
Praza Juan Donapetry (completa)
Avda de Galicia (do 1 ao 25)
Irmáns Vilar Ponte (do 2 ao 38 e do 1 ao 27)
Luis Trelles (completa)
Lodeiro (completa)
Praza Maior (do 1 ao 5 e o 21)
Margarita Pardo de Cela (completa)
Calle do Muro (completa)
Nicolás Cora Montenegro (do 45 ao 49 e do 58 ao 84)
Pedro Farto (completa)
Avda Ramón Canosa (completa)
Rosalía de Castro (do 1 ao 11 e do 2 ao 8)
Jesus Noya (completa)
Rego das Frores (completa)












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



