Burela, 15 de xullo de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, agarda que a vindeira semana Burela recupere tamén a liberdade da mobilidade ao igual que aconteceu hoxe noutros seis municipios da Mariña. O rexedor subliña que seguen a descender os casos de positivos e os que se atopan en seguimento nas súas casas. Os positivos hoxe son 116 en Burela. Alfredo Llano anunciou que o Concello solicitará unha axuda especial para facer fronte ás perdas económicas ocasionadas por este confinamento, que no caso de Burela aínda se prolongará uns días máis. Para abordar esta posibilidade o rexedor manterá un encontro con técnicos municipais e con representantes de Acia Burela o vindeiro venres, 17 de xullo.
O alcalde burelés dixo que “derivado do informe do comité clínico no que os técnicos din o que está pasando na Mariña, se decidiu que todos os concellos, excepto Burela, recuperen a normalidade en cuestión de mobilidade. No que respecta ao cumprimento de horarios, os aforos, a disciplina que hai que ter co distanciamento social e para ir ás praias vai seguir exactamente igual. Burela en cambio segue nunha burbulla durante uns cantos días”.
Llano subliñou que “van baixando dunha formar espectacular o número de positivos. Hoxe aínda temos 116, esperemos que mañá xa baixen moito e así sucesivamente porque agora xa está rematando a corentena daquela xente que era positiva e a que estaba confinada, polo tanto si que se vai notar e estamos todos á expectativa de recuperar a normalidade o antes posible e que este brote quede controlando tendo cero positivos e cero confinados. Calculo que o luns volveremos analizar todos os datos que vai haber, se vai indo veremos se a partir desa data podemos xa normalizar tamén a situación en Burela, que o estamos desexando”.
O rexedor sinalou que “a xente de Burela se está comportando dunha maneira exemplar. Está gardando todos os protocolos e está colaborando en todo aquilo que nos sirva para ter controlados os contaxios. Estamos procurando non favorecer baixo ningún concepto, en ningún lado, os contaxios e iso vai permitir que isto vaia para abaixo. Tamén os confinados e os que son positivos están respondendo ben, están tratando de levar todo da mellor maneira posible de tal xeito que entre todos, compartindo a responsabilidade, imos garantir que este brote salga o antes posible de Burela e da Mariña. Espero que a partir da semana que ven xa poidamos normalizar a situación que é o que desexamos”.
Alfredo Llano anunciou que “dado a extraordinaria perda socioeconómica que se está producindo, vou facer unha reunión cos responsables da asociacións de comerciantes, hostaleiros e autónomos para ver a necesidade de pedir unha axuda especial que favoreza todo o desequilibrio que produce o virus e o brote que houbo na Mariña, e sobre todo en Burela. Penso que é de xustiza, tal e como está o comportamento da xente aguantando negocios, e cremos que hai que equilíbralo todo. Agora mesmo o que importa é acabar co virus e coa súa propagación, pero tamén hai que ter en conta o equilibrio socioeconómico que deriva de toda esta circunstancia e polo tanto temos que buscar un xeito de compensación porque se está sacrificando bastante todo o mundo para erradicar dunha forma definitiva este brote”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



