Ribadeo, 15 de xullo de 2020. Acisa amósase satisfeita pola libre mobilidade da que gozará Ribadeo desde o 16 de xullo, desde a vindeira media noite.
O seu presidente, Francisco Iriarte, agarda que “isto supoña o reinicio do verán. Aquí estamos preparados para dar un servizo seguro a visitantes e aos nosos veciños e veciñas. Pouco a pouco se irán reincorporando á nova normalidade e disfrutando da época estival mercando no noso comercio, tomando o vermú, os viños e as cañas nos nosos bares e comendo ou ceando na nosa hostalería”.
Iriarte Quintana dixo: “estamos pendentes do Diario Oficial de Galicia, pero todo apunta a que as restricións de aforos e as limitacións horarias seguirán durante uns días, así como a obrigatoriedade do uso da máscara. Agardamos que todas e todos nos sigamos a comportar ben para así poder poñer fin canto antes a estas prohibicións e que todos os nosos asociados e asociadas poidan recuperar a súa normal actividade. Iso será bo para todos, pero sobre todo para a reactivación da nosa economía. Perdemos a Semana Santa e agora non podemos permitirnos perder todo o verán”.
O presidente de Acisa subliñou: “por iso non me fartarei de pedir sentidiño e responsabilidade a todos os nosos socios e socias, pero sobre todo á súa clientela, que debe lembrar que as máscaras son de uso obrigatorio e de que contan con xeles desinfectantes á súa disposición para empregar cantas veces precisen. Si todos nos comportamos de xeito serio e con civismo poderemos convivir sen problema con esta nova situación”.
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos lembran que “onte presentamos o noso novo selo Ribadeo Seguro, un certificado gratuíto que concederemos aos negocios e locais asociados que cumpran coas normas de seguridade e hixiene fronte ao Covid-19, co fin de mostrar ante a veciñanza e os turistas que Ribadeo é un lugar seguro para mercar e consumir”.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



