Viveiro, 14 de xullo, 2020. A portavoz do BNG viveirense, Míriam Bermúdez, denunciou na mesa electoral onde estaba de apoderada este pasado 12 de xullo, o translado de persoas maiores da residencia Betania de Viveiro, en pleno confinamento Mariñán e coa entrega do sobre en man. “A primeira hora da mañá, chegou unha furgoneta do xeriátrico Betania”, afirma Bermúdez, “onde nada máis baixar as e os anciáns da furgoneta a persoa que os acompañada, fíxolles entrega do sobre.”
Ademais en Betania -como no resto de residencias da Mariña-, permanecían prohibidas as visitas debidos ao rebrotes tan activos de coronavirus producidos na Mariña, co fin de protexer as e os anciáns contra a Covid-19 e a exposición ao risco de contaxio. Míriam Bermúdez di “existe un instrumento legal de votación que garante o 100% o perigo de contaxio da Covid nos residentes, que é o voto por correo, o cal non para que solicitaran. É incríbel como se nega a visita de familiares na propia residencia como medida de protección fronte aos contaxios, mais logo é a propia xerencia quen os leva a votar”.
A mesa electoral en cuestión, tratábase dunha das situadas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro, onde tamén estaban presentes interventorxs e apoderadxs doutros partidos que permaneceron pasivos aos feitos. Míriam Bermúdez non dubidou en deixalo constatado na Acta de Sesión, polo que queda presentada a denuncia na Xunta Electoral de forma automática.
O BNG destaca tamén que a Residencia Betania é unha das residencias pertencentes á congregación relixiosa “Las Hermanitas de los Ancianos Desamparados” que, ademais de en Viveiro, tivo outras 3 denuncias polas mesmas prácticas noutras residencias este 12 de xulio, como son as residencias de Verín, Ourense e Pontevedra, xestionadas pola mesma congregación relixiosa.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



