Ante as irresponsables declaracións do líder do PP de Foz, Sr. Castiñeira, que só tentan enfrentar aos comerciantes do pobo co alcalde de Foz, dende o PSdeG-PSOE manifestamos o seguinte:
As súas tretas son moi vellas e xa están desterradas deste pobo, agora o que toca e UNIÓN e traballar pola PROSPERIDADE do noso pobo.
Dirá que queimamos bandeiras, graneiros e ata casas habitadas pero a verdade é teimuda e a vergonza parece non ter cancelas.
Vivimos unha actualidade dual entre a saúde e a economía que non é nada doada de modular e todos o sabemos.
Á espera de noticias da Xunta de Galicia acerca da restricción de circulación na Mariña estamos traballando duro para recompoñer o desorde que este PECHE CAÓTICO trouxo á economía do noso pobo.
Mentres o alcalde Fran Cajoto poníase aos mandos da situación sanitaria comunicando con transparencia e defendendo enérxicamente os intereses xerais do seu municipio nun MOMENTO CLAVE, outros preparaban a munición para atacalo a él.
Xa está ben de insultos persoais de extrema gravidade, montaxes fotográficos e deslealdades políticas.
Hai que baixar do monte, aceptar o mandato veciñal e ser leal á institución municipal que é a que os veciños libre e democráticamente elexiron.
RESPONSABILIDADE, TRABALLO DURO E LEALDADE, pero sobre todo se queres a Foz, non queimes a imaxe de Foz como leva facendo o partido líder da oposición dende o minuto 1 da lexislatura.