A Pontenova. 3 de xullo de 2020. O Concello de A Pontenova, dando un paso máis na aposta pola dinamización e consolidación do turismo nesta localidade, acaba de publicar un novo portal web www.turismoapontenova.es co que quere achegar todas as propostas que ofrece o municipio ao turista, tanto nacional como estranxeiro, con contidos en galego, español e inglés. Este proxecto conta cun orzamento de preto de 22.000 euros do Plan Único da Deputación de Lugo.
Tal e como comenta o alcalde, Darío Campos, co lanzamento desta web dende o concello búscase posicionar a nosa localidade como un destino turístico cultural (dando a coñecer a historia do que, durante moitos anos, foi o maior complexo mineiro industrial da provincia de Lugo, a cultura da pesca no río Eo a través da “Festa da Troita” – declarada de interés turístico – e da Aula de Interpretación da Pesca de Salmónidos, etc…), así como un destino turístico de deporte e ocio (a través de actividades como: a pesca de salmónidos, o cicloturismo pedaleando pola Vía Verde do Eo, o sendeirismo percorrendo calquera das nosas variadas rutas, etc…) . Todo isto sen deixar de lado o seu posicionamiento como un destino medioambiental (pola riqueza do seu patrimonio natural: a biodiversidade que existe nas ribeiras do río Eo, nas Fragas de As Reigadas, Teixido, Muradal, etc…).
Para proporcionar unha información de calidade e adaptada as súas preferencias persoais, o visitante ten a posibilidade de contactar a través desta web coa Oficina de Información Turística de A Pontenova, dende onde poderán realizarlle unha proposta totalmente personalizada para así aproveitar e gozar ao máximo da súa estancia nesta zona.
A páxina é o resultado dun traballo en conxunto levado a cabo por Verónica Ramallal, Pekecha (que se encargou do desenvolvemento e maquetación da web), por Eva Veiga (encargada do deseño gráfico) e por Carlos Pardo, responsable da O.I.T. de A Pontenova (que se encargou dos textos, mapas e descargables). No proxecto tamén colaboraron Rosa Christie e Neil (encargados da traducción dos textos ó inglés).
Paralelamente poñeranse en marcha os perfís oficiais de: Facebook e Instagram.
























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



