Lugo, 01, xuño de 2020. Na Deputación provincial faise bo o vello dito de que unha cousa é predicar e outra dar trigo. Ao goberno provincial éncheselle a boca falando de transparencia e participación, pero, á hora de practicala, a cousa cambia. En cada sesión plenaria compróbase que é así, como destaca o portavoz popular, Javier Castiñeira, ao abordar, entre outros asuntos, o uso que se fai dos equipos de maquinaria do Parque Móbil Provincial. Castiñeira di: “No pleno de onte na Deputación puidemos comprobar que o goberno bipartito non ten ningunha intención de repartir equitativamente o uso dos servizos do Parque Móbil. Quedou claro cando PSOE e BNG votaron en contra da moción do Partido Popular para deseñar un plan de uso obxectivo e para crear un grupo de traballo, con representantes de todos os grupos políticos e o coordinador do Parque, para decidir e controlar o uso dos equipos segundo as necesidades obxectivas”.
Castiñeira sinala: “O presidente Tomé foise pola ramas e eludiu dar unha resposta aclara á pregunta concreta que lle fixo o PP, na que, en síntese, se pedía a lista detallada dos concellos nos que operou no que vai de ano algún dos equipos. Tomé limitouse a nomear concellos de distinto color político nos que traballou o Parque Móbil; non dubidamos de que haxa concellos do PP nos que operase a maquinaria provincial, o que si dubidamos é de que haxa un reparto xusto, porque non existe unha organización rigorosa, nin por orden de solicitude nin en función das necesidades”.
O portavoz popular ten claro que o Parque Móbil “se está dirixindo por vontade política e son os concellos gobernados polo PP os que en menor medida dispoñen da maquinaria provincial, algúns deles levan moitos anos sen poder contar con ela; pola contra, en algúns concellos que non están gobernados polo PP as máquinas levan traballando case de maneira continuada”. Castiñeira opina que “unha vez máis móstrase o dobre raseiro e a incoherencia coa que operan socialistas e nacionalistas, que actúan de maneira diferente segundo estean no goberno ou na oposición”. Engade: “Ou peor aínda: día si e día tamén pretenden darnos leccións de moral, de xustiza e de bo facer cando gobernan, cando, en realidade, fan absolutamente o contrario do que din. Na oposición piden municipalizacións e cando gobernan fan todo o contrario. Un caso claro e a Deputación de Lugo coas concesións, contratacións e prórrogas que está a facer, como o servizo de catamaráns ou o de mantemento das zonas verdes, que tantos problemas está dando”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



