Lugo, 1 de xullo de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe do comezo do reparto de alimentos a case 9.000 persoas da provincia de Lugo en situación de vulnerabilidade. Corresponde á primeira das tres fases nas que se desenvolverá o Programa de Axuda Alimentaria 2020, que pon en marcha o Fondo Español de Garantía Agraria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
A subdelegada, supervisou o almacenamento e distribución de alimentos por parte da Cruz Vermella Española, nunha visita na que estivo acompañada polo presidente provincial da entidade, Luis Abelleira, e o responsable da dependencia de Agricultura e Pesca da Subdelegación do Goberno, Enrique Liñares.
Isabel Rodríguez destacou a importancia deste Programa de Axuda Alimentaria dirixido a persoas en situación de vulnerabilidade e remarcou o gran labor que levan a cabo tanto a Cruz Vermella como o Banco de Alimentos, que son as dúas organizacións asociadas de distribución que se ocupan de facerlles chegar os alimentos ás 71 entidades que realizarán o reparto a 8.823 persoas en toda a provincia.
Nesta primeira fase vanse distribuír na provincia de Lugo un total de 151.901 kilos de alimentos por un valor de 115.441 euros a través das dúas entidades. Cada unha delas ocuparase da distribución de 75.950,84 kilos de aceite de oliva, fabas cocidas, arroz, conservas de carne e de sardiña, leite enteiro UHT, froita en conserva, macedonia de verduras en conserva, macarróns, tarriños infantís de froita e de polo, batidos de chocolate e tomate frito. Os produtos adquiridos son de carácter básico, pouco perecedoiros e de fácil transporte e almacenamento.
A subdelegada explicou que nos próximos meses haberá outras dúas fases deste programa de axuda alimentaria do Ministerio de Agricultura e lembrou que o ano pasado repartíronse dentro deste programa un total de 684.290 kilos de alimentos na provincia por un valor económico de 653.808 euros nas tres fases de reparto.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



