Lugo, 8 de xullo de 2020. A cabeza de lista ás eleccións autonómicas e Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE, Patricia Otero denunciou hoxe a falla de transparencia na xestión do rebrote do coronavirus na Mariña Lucense por parte do Goberno de Feijóo.
Otero advirte que é a Consellería de Sanidade quen ten as competencias neste rebrote, “pero a día de hoxe o Presidente Feijoo non compareceu nin un só dia diante dos galegos para dar conta desta xestión. Pero cando o mando único era do Goberno Central, facía oposición e replicaba cada decisión que se anunciaba desde Madrid. Por iso os mariñáns pregúntanse onde esta o Presidente Feijóo, porque se esconde o PP?.”, insistiu.
E proseguiu “cales son os datos reais desta pandemia?, porque a día de hoxe ninguén os coñece”. E insistiu nas súas criticas “Feijóo a día de hoxe non se puxo en contacto con ningún Alcalde mariñao para explicar como está a situación desta crise, están completamente abandonados”, denunciou.
“O mando único que tanto reclamaba Feijóo están agora na Xunta, e ademais quero lembrar que foi o primeiro Presidente Autonómico que quixo saír do Estado de alarma. Pero agora que ten o mando non é capaz de xestionar esta situación, e está trasladando toda a responsabilidade aos concellos. Iso si, sen achegar nin un só recurso, nin material, nin económico para solventar esta crise”, argumentou.
Otero dixo que “os Alcaldes e Alcaldesas socialistas séntense completamente abandonados, sen información, sen transparencia nos datos, e cunha falla absoluta da máis mínima colaboración institucional. Feijóo segue co seu paripé de normalidade, cando nestes momentos hai 70.000 persoas confinadas na Mariña Lucense. Non podemos consentir que esta situación, provocada pola imprudencia electoral de Feijóo, recaia unha vez máis na cidadanía da Mariña pola incompetencia do PP”, resumiu.
Confinamento
Patricia Otero, cabeza de lista ás eleccións autonómicas e Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE, segue confinada na Mariña dende o pasado día 5 de xullo, tralo rebrote. Otero non asistíu a ningún acto electoral durante esta semana, para cumprir as normas sanitarias, como calquera veciña.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



