Santiago de Compostela, 3 de xullo 2020. A candidata á Presidencia, Ana Pontón, trasladou a preocupación do BNG ante o rebrote de coronavirus que se está a vivir na Mariña de Lugo onde s cifras que se coñecen empezan a ser moi graves: máis de 50 persoas contaxiadas e máis de medio millar confinadas. E, ante esta situación, a líder nacionalista pregúntase onde está o protocolo do Goberno da Xunta para afrontar unha situación que era previsible, pero ante a que o candidato Feixóo está respondendo “desde a improvisación e con frivolidade” pese a tratarse dunha cuestión de saúde pública.
“Pregúntome que está facendo o Goberno da Xunta ante este rebrote, pregúntome onde está o protocolo para determinar como actuar ante un rebrote porque o que vemos até o momento é un Goberno que actúa con improvisación ante un tema prioritario como é asaúde das persoas estando no medio dunha pandemia”, salientou Pontón na Coruña, onde mantivo un encontro co sector da cultura.
“Como é posible que a única declaración que ten feito Feixóo sobre este asunto sexa dicir que a cuestión se limita a pechar dous ou tres bares na Mariña? O presidente da Xunta non é capaz nin de concretar que establecementos se pecharon? Que clase de frivolidade é esta cando se está falando da saúde das persoas? Que clase de irresponsabilidade? Tivo catro meses para facer un protocolo de actuación precisamente para afrontar unha situación como a que se está vivindo na Mariña, onde está ese protocolo?”, interpelaba Pontón.
A candidata á Presidencia tivo palabras de alento e de confianza para as persoas afectadas pola COVID19 e para o conxunto da comarca, e puxo ao BNG a súa disposición desde a total colaboración. “Quero enviar unha mensaxe de ánimo e de afecto a todas as persoas afectadas polo coronavirus e desexarlles unha pronta recuperación, e tamén as persoas confinadas, a elas e a toda a comarca, quero enviarlles unha mensaxe de tranquilidade e de confianza”, indicou.
“E, desde logo, trasladar que o BNG está a disposición dos galegos e das galegas porque o prioritario é a saúde da nosa xente e non debemos esquecer que estamos no medio dunha pandemia”. Neste sentido, o BNG tomou a decisión de cancelar todos os actos públicos de campaña na Mariña, “por prudencia e responsabilidade”, incluído o mitin previsto na tarde do sábado no concello de Barreiros.
Pontón subliñou que a Xunta ten competencias plenas en sanidade e a responsabilidade de establecer un protocolo claro, que concrete os pasos a dar, os medios a mobilizar, as medias inmediatas a adoptar, a cadea de mando que hai que seguir, a coordinación de todos os axentes implicados, todo co obxectivo de minimizar calquera rebrote. Pero nada diso se fixo até agora, criticou.
“En lugar de ter ese protocolo o que vemos é o candidato Feixóo comparece todos os días en actos de campaña electoral, pero non está cumprindo as súas obrigas como presidente do Goberno”, alegou Pontón, a quen ningunha “obrigación” lle parece máis perentoria neste momento “que ter un protocolo para afrontar unha situación que todos e todas sabíamos que se podía producir, esa é a responsabilidade que ten a Xunta de Galiza e, insisto, pregúntolle a Feixóo onde está o protocolo para afrontar unha situación de rebrote cando tivo catro meses para elaboralo. Considero que é unha irresponsabilidade actuar coa frivolidade que está mostrando estes días”, concluíu.





















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



