O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “como se pode ver, mantense a cifra de positivos por coronavirus, dous, aínda que segue a baixar o número de contactos estreitos en seguimento, 10”. O rexedor manifestou: “coma todos os días, e a risco de ser raiante, quero pedirlle a toda a poboación, aos de todo o ano e aos de fóra, aos maiores e á rapazada: por favor, exercede co voso deber de protexervos para protexer ao resto da sociedade. Este será o único camiño para non desandar este longo camiño”. Na xornada de onte sábado os contactos en seguimento eran 13 e os positivos por Covid seguían a ser 2.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



