Lugo, 16 de xullo de 2020. O equipo do proxecto europeo LifeInCommonLand que lidera a Deputación de Lugo no Xistral coas Universidades de Santiago e da Coruña retomou as visitas no terreo para estudar as zonas onde se desenvolverán as actuacións demostrativas de conservación dos montes veciñais en man común compatibles coa produción agroforestal e o aproveitamento do rural.
Nas 5.000 hectáreas da Serra do Xistral desenvólvese un pastoreo extensivo con gando vacún e cabalar salvaxe e demostrouse que a súa xestión sostible ten un efecto positivo para conservar as matogueiras de brezais e turbeiras da zona catalogadas como de enorme valor ecolóxico para protexer a biodiversidade no noroeste Ibérico.
Persoal técnico da USC e da UDC desprazouse, logo do confinamento causado polo Covid-19, ata os montes comunais de A Balsa, no concello de Muras; de Laxa Moura, en Xove, e de Vilacampa e Santo Tomé de Recaré, en Ourol, para analizar as actuacións de protección e recuperación dos queirogais húmidos e turbeiras deste espazo natural da provincia de Lugo, integrado na Rede Natura 2000.
No Monte de A Balsa de Muras analizou os condicionantes e solucións nunha zona de actuación para eliminar o piñeiral e restaurar a turbeira de cobertor, de maior importancia medioambiental para este ecosistema. No Monte de Laxa Moura de Xove visitou a zona de recuperación de queirogal degrado e a zona de eucaliptos que será substituída por turbeiras de cobertor. Tamén supervisaron os lugares onde se desenvolverán outras actuacións, como a limpeza do pozo de auga, o mantemento e mellora dos bebedoiros do gando con revestimento de pedra para integralos na paisaxe e a construción de dispositivos para favorecer a saída de anfibios.
No concello do Valadouro visitaron Vilacampa, acompañados do herpetólogo da Asociación Galega de Custodia do Territorio, Martiño Cabana, para o asesoramento da adaptación dos bebedoiros aos anfibios. En Santo Tomé de Recaré revisaron o trazado de peche que se vai construír e a marcaxe dos puntos onde se establecerán as cancelas. Nas visitas a estas zonas tamén marcaron a localización exacta dos paneis informativos que este proxecto xa instalou na Serra do Xistral.
No monte de Miñotos, no concello de Ourol, tamén acudiron á Rapa das Bestas de Madriñán. O equipo do LifeinCommonLand fai seguimento con colares GPS das eguas nunhas 15 manadas de cabalos en todaa serra para obter información dos movementos dos cabalos salvaxes e coñecer a súa influencia no mantemento dos pastos e conservación dos queirogais e turbeiras.
En todas estas visitas estiveron acompañados dos comuneiros das asociación veciñais implicadas activamente no proxecto. As comunidades de montes veciñais en man común constitúen un piar fundamental na conservación da ZEC Serra do Xistral. Estas agrupacións están aprobando proxectos de ordenación forestal, asesoradas polo equipo de LifeInCommonLand, que integran un modelo de xestión sostible que cumpre co dobre obxectivo de manter a actividade gandeira dos comuneiros e os ecosistemas no mellor estado de conservación.
A Deputación de Lugo lidera este proxecto europeo no Xistral xunto á USC e UDC co obxectivo de amosar que é compatible a conservación dos hábitats naturais das zonas de especial protección ambiental co aproveitamento do medio rural e o desenvolvemento económico sostible. Esta pioneira iniciativa inclúe un sistema de recompensas económicas ás comunidades veciñais dacordo aos niveis acadados de preservación dos hábitats. Desde a institución provincial, decidiuse elaborar este proxecto para ofrecer solucións ás limitacións da Rede Natura 2000 no aproveitamento do territorio.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



