Ribadeo, 11 de agosto de 2020. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, pide civismo e colaboración á cidadanía co fin de evitar danos coma os ocasionados esta pasada fin de semana na área recreativa do Cargadoiro, onde foron rotas papeleiras e tamén dispensadores de xel hidroalcohólico. Ademais apareceu moito lixo esparexido pola zona. O edil ribadense fai tamén unha chamada aos hostaleiros para que non saquen o lixo a media mañá e lémbralles que o vidro debe depositarse a granel e sen líquido nos contedores habilitados para este fin e nos horarios establecidos.
Díaz Freije dixo que “nestes días que estamos a vivir en Ribadeo, que hai moita afluencia de xente afortunadamente, esperemos que siga así, que todo siga ben con saúde e moderación, veño pedir un pouco de civismo e colaboración da cidadanía por varias cuestións. Este fin de semana pasada houbo desperfectos na área do Cargadoiro. Rompéronse papeleiras e dosificadores, entón chamo á cidadanía a que colabore o máximo posible. Tamén apareceu moito lixo tirado nesa zona. Temos papeleiras, contedores e todo tipo de mobiliario para depositar os residuos e non deixar todo ciscado, como foi neste caso no Cargadoiro”.
O concelleiro de Medio Ambiente manifestou: “tamén quero dirixirme e insistir neste caso coa hostalería e co horario de tirar o lixo. Non se pode tirar ás doce da mañá, como estou vendo que algún local está a facer. O lixo no verán hai que sacalo pola noite, para evitar cheiros innecesarios nas rúas de Ribadeo. Con respecto ao vidro recordar que hai que deposítalo a granel coas botellas baleiras e durante o horario estipulado para iso”.
O edil nacionalista engadiu que “no tema do cartón puntualizar tamén que temos un servizo porta a porta e se é necesario que o utilicen hai o teléfono 661 210 100, que está na páxina web do Concello, poden solicitalo e a empresa irá os martes ou os xoves pola tarde. Terían que deixar o cartón ben pregadiño e xa o recollerían. Digo isto porque están aparecendo contedores ateigados de cartón, que é ou ben de comercios ou de hostalería e os contedores están enfocados para o particular. Así que o servizo recollida porta a porta é o que deben empregar os negocios de Ribadeo, é gratuíto e quero lembrar que está a disposición dos establecementos”.
Jorge Díaz Freije recalcou: “pedimos a máxima colaboración a toda a cidadanía nestes días nos que somos máis, e benvidos cada vez máis. Aos que estamos e aos que veñen lles pido que colaboren o máximo posible, que é como se chega a bo fin”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



