Ribadeo, 3 de agosto de 2020. Acisa presentou a app Ribadeo Cerca de Ti. O acto tivo lugar hoxe na praza do Cantón dos Moreno. A aplicación xa se pode descargar en todos os dispositivos e entre os seus usuarios e usuarias sortearanse dúas tablets de última xeración. Esta actuación está financiada polo Concello de Ribadeo a través do convenio asinado, hai uns días, entre ambas entidades.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “tras ter que suspender a presentación prevista para o mes de marzo, debido ao Covid, hoxe podemos por fin estrear e dar a coñecer a App da nosa asociación. Chámate Ribadeo Cerca de Ti e xa está lista para ser descargada en todos os móbiles e tablets desde hoxe mesmo. Esta app pretende dar o primeiro paso na dixitalización do comercio e da hostalería de Ribadeo e irase completando ao longo dos vindeiros meses con melloras na propia app e con novas ferramentas dixitais nas que estamos traballando”.
Iriarte contou que “Ribadeo Cerca de Ti é unha aplicación moi intuitiva, fácil de usar, que ocupa pouco espazo na memoria dos dispositivos e sobre todo moi útil. Trátase dunha aposta arriscada, que necesita da implicación dos comerciantes e hostaleiros, e dos veciños e visitantes. Ademais conta con novidades moi interesantes que se atopan noutras apps”.
No acto de presentación o xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou que “se trata dunha app moi completa e, entre as funcións que se poden atopar, conta cun apartado específico creado pola aparición do Covid no que os visitantes terán o enlace da Xunta para rexistrar as súas chegadas a Galicia, así como a información das normas vixentes en Ribadeo. Veciños e visitantes poderán consultar o listado de negocios asociados, onde encontrar a súa dirección, número de teléfono con opción de chamada directa, a súa ubicación xeorreferenciada e unha breve descrición. Salientar que este apartado está pensado para que comercios, bares, restaurantes e hoteis nos trasladen toda a información que deben publicar, desde as marcas que venden, cartas de bares, prezos, etc… Pretende ser un escaparate dixital coa máxima información para os clientes”.
Jesús Pérez subliñou que “outra función, a máis novidosa e interesante, é a chamada Tarxetas CCA. Trátase dun monedero de tarxetas de fidelización dixitais co que pretendemos substituír o tradicional método de tarxeta selo, moi utilizado por comercio e bares para facer promocións ou dar premios por compras, por un sistema máis moderno e sen custe algún. Todo negocio que queira facer unha promoción, deberá indicárnolo para publicada na app, sen ningún custe, explicando as condicións da oferta. Mediante este sistema cada cliente terá no seu móbil todas as promocións activas que irá conseguindo en función dos selos dixitais que os negocios lle dean por cada compra. Esta ferramenta é a primeira plataforma de fidelización dixital que poñemos en funcionamento desde Acisa”.
O xerente de Acisa engadiu que “tamén se encontrarán seccións dedicadas ás novas e campañas da asociación, así como un apartado chamado axenda de eventos onde se mostrará a axenda cultural do Concello de Ribadeo, ademais de información de interese variada como a carteleira do cine ou as farmacias que están de garda. Contamos tamén con dúas seccións dedicadas ao turismo, unha na que se pode encontrar un listado de lugares de interese para ver e visitar, e outro apartado moi interesante onde se pode descargar de forma inmediata o pase para poder visitar a praia de As Catedrais”.
Finalmente Jesús Pérez anunciou que “poñemos en funcionamento paralelamente unha campaña de promoción en todos os locais de Acisa, con pegatinas e dípticos onde os veciños e visitantes poderán atopar un código QR para facer a descarga da app e información con todas as súas utilidades. Tamén está dispoñible na Oficina de Turismo, en As Catedrais e no Club Náutico de Ribadeo, que son lugares de gran paso de xente no verán”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, dixo que “para promocionar as descargas e animar á xente a que use a app poñemos en marcha un sorteo. Durante un mes, todas as persoas que descarguen a aplicación e que se rexistren, entrarán no sorteo de dúas tablets de última xeración. Animamos a veciños e visitantes a que o fagan, porque é moi sinxelo”.
Pola súa banda, o concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, sinalou que “a necesidade de adaptarse aos novos tempos, ás novas tecnoloxías e ao que demanda a sociedade é o que hoxe nos trae aquí á presentación da APP Ribadeo Cerca de Ti. Esta é unha forma de achegarlle á cidadanía do noso concello e a todas as persoas que nos visitan información sobre os negocios asociados a Acisa, sobre as súas promocións ou ofertas, co obxectivo de que estean mais preto de todos nós, é dicir a golpe de smartphone, de tablet, de ordenador”.
O edil ribadense manifestou que “esta nova normalidade xa supuxo moitos cambios no sector hostaleiro coa desaparición das cartas en papel, entre outras cousas. O código QR chegou ás nosas vidas para quedarse, algo que igual hai 6 meses nos parecía impensable. A modernización do comercio e tamén da hostalería pasa pola súa dixitalización. Canto máis avancemos por ese camiño mellor nos irá e mais competitivos seremos”.
Vizoso Galdo engadiu que “esta é unha proba e un exemplo máis da estreita colaboración entre Acisa e o Concello por mellorar e darlle máis futuro aos comercios, á hostelería e os servizos de Ribadeo”.
No acto de presentación da app Ribadeo Cerca de Ti participaron Francisco Iriarte, Jesús Pérez e Carmen Cruzado, de Acisa, xunto a Pablo Vizoso, concelleiro de Comercio.























Será en beneficio da AECC o xoves 4 de setembro ás 20.30 h no Teatro de Ribadeo.
Ás 12.34 horas deste mércores quedou estabilizado o incendio rexistrado onte ás 01.50 horas de onte no concello lucense da Fonsagrada, parroquia de San Pedro de Río, que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 40 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 14 axentes, 27 brigadas, 25 motobombas, 2 pas, 3 helicópteros e 4 avións.
Tamén tivo lugar a segunda xornada do Mercado de Rúa, no que se dan cita máis de vinte comercios locais, que ofrecen descontos especiais sacando os seus stocks ás rúas ribadenses. Esta cita volverá os días 30 e 31 de agosto. Este luns, arranca a grande semana multiaventura de Acisa con rocódromo, inchables, festa da escuma e un deslizador de máis de 100 metros de longo. Toda a información está na web
O certame, o máis antigo de Galicia e tamén o mellor dotado economicamente, está recoñecido como unha das grandes citas da creación literaria no país. A gañadora desta edición recibirá un premio de
O evento foi organizado polo Club Atletismo Ribadeo, que contou coa colaboración do Concello, da Xunta, da Deputación e de Acisa.
O pasado mércores, 20 de agosto, celebrouse na Casa da Cultura a proxección e coloquio e entrega de premios do Concurso de fotografía turística do Vicedo, que alcanza xa a súa 8ª edición. Uns 25 participantes presentaron máis de 60 fotografías de todo tipo destacando pola súa grande calidade mostrando estampas tanto da costa como do interior do noso municipio. O coloquio-proxección foi moi animado e os propios fotógrafos participantes puideron expresar as súas intencións e anécdotas en torno ás fotografías presentadas. Os premiados foron: 1º premio (300€) Mónica Vila con "San Román". 2º premio (200 €) Alejandro Martínez con "Maravillas del Amanecer". 3º premio (100 €) Sarai Fernández con "O faro de Vicedo Vello". Premio especial a menores de 30 anos (50 €) Laura García con "O Vicedo. Silencio que acolle"
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.



