Viveiro, 12 de agosto, 2020. Afundación, a Obra Social de ABANCA, Lunwerg Editores e o Concello de Viveiro inauguraron esta mañá a exposición de imaxes do recoñecido fotógrafo Philippe Plissos, «Vivir o mar». Poderase visitar ata o vindeiro 25 de agosto a pé de rúa nos Xardíns Noriega Varela, trasladando así a cultura aos espazos abertos. No acto de inauguración estiveron presentes o tenente de alcalde do Concello de Viveiro, Jesús Fernández, e o director de Zona A Mariña de ABANCA, Carlos Teijeiro.
«Vivir o mar» componse dalgunhas das pezas máis icónicas asinadas por Plisson nas que se recollen imaxes mariñas de todas as latitudes. Esta homenaxe ao medio mariño, e a todas aquelas persoas cuxo medio de vida depende del, ilustra tamén o compromiso da Obra Social de ABANCA coa promoción dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, en concreto, o 14 (Vida submarina), o 13 (Acción polo clima) e o 4 (Educación de calidade).
A MOSTRA «VIVIR O MAR»
A mostra de fotografías de Philippe Plisson componse de 35 paneis, entre imaxes e texto, articulados en 7 seccións: As 1000 caras do mar, Acariñando a terra, Construíndo o mar, A conquista do mar, Desafiando ao mar, Gardiáns do mar e A batalla perdida. As emblemáticas fotografías de Plisson son o resultado de vinte e cinco anos de traballo en cincuenta países diferentes. A forza e a beleza das instantáneas axudan a sensibilizar e a visibilizar sobre o estado dos mares e océanos e invitan a adquirir un compromiso coa conservación do medio mariño, orixe e sustento da vida no noso planeta. Da súa vitalidade e conservación depende o mantemento de todo canto existe no mundo.
Con esta exposición, Afundación Obra Social ABANCA sae á rúa compartindo espazos de lecer, de paseo, e enriquecendo os momentos de encontro nos espazos públicos cunha achega cultural de primeira orde que reúne mensaxe, beleza, transcendencia e emoción.
Esta exposición está enmarcada dentro da campaña #ComprométomeA, na que se combinan moi diversas iniciativas de marcado carácter ambiental, cultural e formativo. Así, desde a mostra virtual «O mar nas coleccións de arte ABANCA e Afundación» ata a produción de audiovisuais, conferencias ou talleres educativos escolares, a Obra Social de ABANCA promove a concienciación sobre a importancia dos océanos nas nosas vidas e a necesidade de adquirir compromisos concretos con respecto ao mar e aos océanos, e ao medio ambiente na súa totalidade.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



