A Mariña, 12 de agosto de 2020. Foz e Burela serán as seguintes paradas de A Mariña en Ruta, a iniciativa posta en marcha pola Mancomunidade para diversificar a oferta turística do xeodestino. Trátase dunha serie de roteiros que se desenvolven durante os meses de agosto e setembro.
O obxectivo principal de A Mariña en Ruta ademais de axudar na reactivación da actividade turística, é completar e diversificar a oferta do xeodestino en base ao patrimonio cultural e a natureza, sendo as actividades neste espazos as que motivan principalmente a visita á Mariña Lucense, e mais se cabe nesta época de crise provocada polo Covid 19. E tamén, que os participantes descubran os aspectos menos coñecidos da comarca da man de guías e axentes locais sempre en base aos recursos propios e que poñan en valor a realidade do destino, en consonancia coa filosofía do turismo slow na que se traballa dende hai anos na Mancomunidade, coa realización de roteiros e actividades nos diferentes municipios.
O vindeiro domingo, 16 de agosto, Francisco Canosa, guiará un paseo xeolóxico por Foz. A contorna da ría de Foz ten numerosos lugares con interese xeolóxico, por iso se propón en facer este paseo polas súas inmediacións para coñecer un pouco máis sobre a orixe e evolución das rocas que aquí en atopan. Trátase dun roteiro circular no que coñeceremos as estruturas xeolóxicas e as predicións dos cambios que se van producir no seu futuro máis próximo.
Municipio: Foz.
Data: 16 de agosto do 2020.
Hora de inicio: 10:00 horas.
Duración: 3 horas.
Lugar de início: Escola Municipal de Música, Foz.
Dificultade: Baixa.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar ou chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía do día). Auga.
Prazas dispoñibles: 15.
Francisco Canosa, o encargado de guiar este paseo xeolóxico por Foz, é licenciado en Xeoloxía pola Universidade de Salamanca e Doutor en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo. Cursou un Máster en Recursos Xeolóxicos e Xeotecnia e é director científico do proxecto “Xeoparque do Cabo Ortegal”. Conta con 20 anos de experiencia como guía en saídas xeolóxicas e docencia de xeoloxía en diferentes niveis educativos e universitarios ás súas costas. É creador e coordinador de Xeorutas nos Concellos de Ribadeo, Burela, Cedeira, Moeche, Ortigueira, O Vicedo, San Sadurniño e Nigrán. Ademais de socio da AEPECT (Asociación Española para o Ensiño das Ciencias da Terra) e da Sociedade Xeolóxica de España. Organizador do Xeolodía en Galicia desde o 2013. Membro da Comisión de Patrimonio Xeolóxico do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España. Colaborador e docente nos Centros de Formación e Recursos de Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Autor de diferentes publicacións no ámbito da divulgación da xeoloxía de Galicia.
E o 17 de agosto terá lugar un roteiro botánico por Burela, que será guiado por Pedro Rolle e Guido Álvarez. Este roteiro é unha moi boa oportunidade para coñecer as plantas e animais que habitan os montes de Burela e, de paso, disfrutar da natureza facendo deporte. As especies máis representativas destes ecosistemas forestais, son o eucalipto (en distintas variedades), especie moi común na Mariña e outras árbores coma o piñeiro e a acacia. Ademais coñeceremos varias especies herbáceas que, na súa maioría son usadas como plantas medicinais. A fauna máis representativa son as aves forestais, coma o miñato, o gaio, o merlo ou o corvo pequeno. Así coma reptís, anfibios e insectos relacionados con estes ecosistemas.
Municipio: Burela.
Data: 17 de agosto del 2020.
Hora de inicio: 10:00 hs.
Duración: 3 horas.
Lugar de inicio: Zona Vila do Medio, Burela.
Dificultade: Baixa.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo (non fai falta impermeable, non imos andar por zonas encharcadas). Gorra e crema solar (zona de montaña aberta). Auga. Prismáticos e en caso de ter algún libro de fauna (aves, insectos) e/ou flora.
Prazas dispoñibles: 25.
Do roteiro botánico por Burela encargaranse Pedro Rolle e Guido Álvarez. Pedro Rolle é Guía de Natureza, así como técnico en traballos forestais e técnico en conservación do medio natural. Formador ocupacional, capataz agrícola e forestal. Profesional apaixonado e traballador que coñece especialmente ata o último recuncho de Alfoz e O Valadouro. Moi coñecido en toda A Mariña polo seu proxecto persoal O Freixo Dos Lobos, Ecoturismo e Natureza, que ten como obxectivo concienciar á poboación da importancia de conservar e respectar o medio ambiente. Poñendo en valor os recursos naturais mediante o coñecemento da súa contorna. Ten catro anos de experiencia como organizador e guía-intérprete en roteiros, talleres de natureza e charlas sobre medio ambiente, nos espazos naturais protexidos de A Mariña Lucense.
E Guido Álvarez é Guía Oficial de Turismo de Galicia acreditado en 5 idiomas (inglés, francés, italiano, castelán e galego). Diplomado en Turismo (UDC), e con Máster Interuniversitario Oficial en Xestión e Planificación do Turismo (USC) e Máster Europeo en Paisaxes Culturais (Universidades Jean Monnet, Federico II e Stuttgart). Posúe 16 anos de experiencias laborais e académicas no mundo do Turismo, incluídos 4 anos no estranxeiro (Inglaterra, Francia, Italia e Alemaña).
Os prezos dos roteiros son: 5 euros individual / 8 euros parella / 12 euros familiar ou grupo ata 5 membros.
A Mariña en Ruta é unha iniciativa da Mancomunidade que se realiza coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e, para a súa promoción, da Deputación de Lugo.
Para máis información:
https://enruta.amarinalucense.gal/






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



