Barreiros, 13 de agosto 2020. Daniel García, concelleiro de dinamización, e Montse Porteiro, concelleira de igualdade, presentaron hoxe o programa Barreiros Convídate, programa de actividades co que dende o Concello de Barreiros se pretende reactivar a oferta cultural do municipio.
A programación para os vindeiros meses de Agosto e Setembro contará con actividades de diversos tipos como cine ao aire libre, actuacións musicais, teatro e contacontos repartidos por diversas parroquias do municipio. Estes espectáculos estarán dirixidos a todos os públicos e contarán cun número importante de actividades ao aire libre no que se pretende, según o concelleiro de dinamización e participación veciñal, “facer das prazas un lugar de encontro seguro e lúdico ao mesmo tempo”.
Quico Cadaval, Charo Pita, Cándido Pazó, Oliver Laxe, Amador Arias e artistas locais e comarcais completan o elenco desta programación
As actividades comezaron o pasado día 3 de Agosto coa proxección da película María Solinha de Ignacio Vilar, “todo un éxito de público e crítica”, según o concelleiro Dani García, que tamén recalca que serán actos que cumplirán con tódalas medidas sanitarias vixentes.
Neste mes de Agosto, haberá actuacións musicais e cine ao aire libre sendo todas as actividades no exterior (sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) entre as que destaca a proxección do filme “O que arde” coa presenza de Óliver Laxe e Amador Arias.
Setembro será un mes adicado ao teatro con, entre outras, dúas actuacións de renome como “Memorias dun neno labrego” de Cándido Pazó e a obra “Cadaval conta.. vacas, guerras, porcos e cregos” de Quico Cadaval.
Estas actividades son financiadas con fondos propios do Concello e tamén con axudas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, así como a colaboración da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e os programas Agadic e Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



