Na lea ésta do Emérito, dos Borbóns e da Coroa haberán concordar comigo que todo está moi mal organizado. O xefe do estado e o presidente do goberno central sabían dende marzo de 2019 o da comisión dos 100 M€ do rei saudí e ninguén reaccionou até a pandemia, cando Borbón e Grecia lle quitou ao seu pai a súa participación no orzamento da Casa Real e renunciou a unha herdanza aínda xurídicamente irrenunciábel. Despois, o 18 de marzo último, o xefe do estado declamou un discurso difuso e baleiro, onde nada dicía da conduta do seu pai.
Pasou o peor da pandemia e Pedro Sánchez pediulle un aceno á Casa Real sen facer, pola súa banda, o que lle cumpría, que era modificar o Real Decreto 368/1987 suprimindo o tratamento vitalicio de Rei (non Rei Emérito) do Borbón e Borbón. Borbón e Grecia executou despois unha tournee territorial deseñada polo seu peor inimigo e, rematada ésta, Borbón e Borbón escríbelle dicindo, en síntese “Filipe, maxestade: marcho que teño que marchar”. Nin pagou o que adebedaba ao Fisco, nin nos escrebiu, desculpándose, á cidadanía nin aos representantes parlamentarios. Despois lisca, porque seica é o que lle cómpre arestora e aterra en Abu Dhabi (Emiratos Arabes Unidos), famoso polo seu respecto á democracia e ao Estado de Dereito e pertencente ao ámbito territorial de onde-disque- viñeron boa parte das achegas á fortuna presuntamente ilegal do Emérito.
Pregúntolle aos que saben de política se todo este balbordo non será un gravísimo erro dos que dirixen a Casa Real e a Moncloa e un referente galeguista e moderado, con moi importantes responsabilidades pasadas na Xunta respóstame “ Xoán, a fuxida do Borbón , máis que un erro político da Coroa é unha evidencia da incapacidade do Estado español para evolucionar cara fórmulas máis democráticas. É a mafia madrileña. Si o Emérito quixera salvar á Monarquía permitiría que o seu fillo o matara políticamente con honra. Mais dí que non, convencido de que as súas trapalladas eran coñecidas por todos. Velaí que lisque cos honores todos e os demáis a calae, mentres o propio Pedro Sánchez di que non sabe onde está…incríbel!”.
Resólvense deste xeito as diferenzas entre o xefe do estado, o xefe da Casa Real e o presidente do goberno do estado. Mentres, o Tribunal Supremo paralisa a pescuda xudicial a respecto do Borbón e Borbón e usurpa as funcións dos xulgados de vixiancia penitenciaria deixando sen efecto permisos, traballos exteriores e terceiros graos dos presos políticos soberanistas cataláns e a Audiencia Nacional investiga á líder do BNG, Ana Pontón por inxurias á Coroa.
Xa que logo, haberán convir comigo na falla absoluta de transparencia e exemplaridade na Coroa e nas Institucións centrais do Estado español. Unha falla de transparencia e exemplaridade que haberán condenar á Monarquía, máis cedo ca tarde, ao ostracismo. Mais, polo de agora, o Goberno central vai no lote, polo menos da falla de transparencia.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



