Lourenzá, 14 de agosto, 2020. O porteiro Clemente, formado nas categorías inferiores do Vilalbés e que o ano pasado militou no equipo de 3ª división, comprometeuse no día de onte con este novo proxecto dirixido por Roberto Ramallal para esta nova tempada en primeira.
“Buscamos todos este ano que como equipo se poda medrar de forma colectiva e individualmente e incluso optar a un posto alto na tabla, que co esforzo de todos creo que podemos estar entre os primeiros postos da clasificación”, indicou o gardamallas.
Dende a directiva agradecen a súa aposta e o compromiso neste novo proxecto esperando que se sinta coma na súa casa. A incorporación de Clemente xúntase ás xa sabidas altas do míster Roberto Ramallal e das renovacións dos xogadores Recalde, Montxo, José Antonio, Yago, Luís Santamarina, Diego Juve, Noé, Garrafín e Paulo. Nos vindeiros días comunicaranse a últimas renovacións que están a producirse.