Ribadeo, 25 de agosto de 2020. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, destaca a importancia de apoiar ao tecido económico do municipio e explica que “a Xunta de Galicia financiou integramente o novo vídeo promocional de Acisa no que se pon de manifesto que todos os negocios ribadenses cumpren estritamente coas medidas de prevención fronte á covid-19”.
O popular sinala que “o vídeo Ribadeo Seguro pretende trasladar unha mensaxe de tranquilidade tanto aos veciños e veciñas coma aos clientes e visitantes” e, polo tanto, “chamar a todas aquelas persoas que queiran achegarse a Ribadeo a que o sigan facendo”. Neste sentido, esta iniciativa ten como obxectivo apoiar tamén á desestacionalización do turismo.
Daniel Vega recorda que “dende o Grupo Municipal Popular de Ribadeo apoiamos dende o primeiro momento ao sector comercial e hostaleiro local a través de distintas peticións ante o goberno local para a eliminación de taxas e impostos; ademais de apoiar activamente as distintas accións de Acisa”. O sector recibiu tamén dende o primeiro momento material de protección fronte ao coronavirus doado pola Xunta de Galicia que tamén ten dotado de material informativo tanto para os propios establecementos como para os veciños e turistas.
Por outra parte, o popular bota en falta “a implicación doutras administracións” para a reactivación económica de Ribadeo nestes momentos de dificultades.
Apoio responsable
Daniel Vega convida aos veciños e veciñas a apoiar aos negocios locais achegándose de forma responsable, é dicir, cumprindo as normas vixentes. O voceiro dos populares recorda a importancia de “gardar a distancia de seguridade, usar mascarilla e manter as mans limpas hixienizadas”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



