Xove, 28 de agosto, 2020. A campioa de España de Gigante de patinaxe alpino na categoría U15 damas, Antía Castro foi obxecto este venres dunha homenaxe por parte do Concello. Antía recibiu de mans do Aalcalde Demetrio Salgueiro a figura institucional do Faro de Roncadoiro como recoñecemento aos seus trunfos deportivos.
Antía proclamouse Campioa de España (medalla de ouro) na citada categoría o pasado sábado 22 de agosto, nunha competición deportiva celebrada en Béjar (Salamanca).
Pero non foi este o único trunfo de Antía, xa que o domingo 23, tamén en Béjar, quedou 1ª clasificada na 1ª Fase da Copa de España de Slalom de patinaxe alpino. A Antía quédanlle dúas fases que se van a celebrar en Puigcerdá e Villablino nas vindeiras semanas, mantendo serias posibilidades de conseguir tamén algo importante nesta outra modalidade.
