Lugo, 18 de agosto de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, deu conta hoxe do remate dos traballos realizados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) para aumentar o gálibo en tres pasos superiores que cruzan a estrada N-642 no concello de Foz.
Esta actuación ten por obxecto elevar a un mínimo de 5 metros o gálibo nesas pontes para facilitar o tránsito de camións de gran envergadura pola estrada N-642 e evitar a repetición de desperfectos motivados pola baixa altura que tiñan esas estruturas.
Os traballos de elevación do gálibo remataron a pasada noite, un día antes do prazo previsto, na ponte situada no km 33,000 da N-642, polo que a próxima noite xa non será preciso cortar a vía e desviar o tráfico na zona.
Os labores, de grande complexidade técnica, desenvolvéronse sempre en horario nouturno para minimizar no posible o impacto na circulación pola devandita estrada.
Para concluir este proxecto, quedan pendentes agora algúns traballos de remate previos á apertura ao tráfico dos viarios que discorren polas devanditas pontes. Concretamente, eses labores consisten no recrecido dos estribos e posterior recheo, a reconstrución de beirarúas e varandas e a posterior pavimentación. Nalgún caso tamén será necesaria a reposición dunha liña eléctrica por parte da titular da mesma, que se executará nesta semana.
Co aumento do gálibo nestes pasos superiores complétase unha actuación realizada polo Mitma en catro pontes existentes na N-642 ao seu paso por Foz, situados nos puntos kilométricos 29+700, 32+300,33+000 e 33+900. O investimento total que realiza o Ministerio de Transportes neste proxecto é de 615.862 euros.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



