Viveiro, 13 de agosto, 2020. A portavoz do BNG de Viveiro, vén de rexistrar no concello un escrito dirixido á alcaldesa de Viveiro para demandarlle que, o goberno que dirixe, presente á Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, un Proxecto de actuacións de roza de masas forestais, matogueiras e outras formacións espontáneas, nas faixas de laterais da rede viaria municipal de Viveiro, así como para a adquisición de plántulas de especies arbóreas autóctonas que axuden ao mantemento da súa rede de faixas de xestión de biomasa, co obxecto de poder adherirse ao programa de axudas da Deputación “O Que Non Arde”.
Xs nacionalistas lamentan que o goberno socialista, a pesares de saber que o Concello de Viveiro é a administración responsábel de vixiar o cumprimento das franxas de protección contra o lume no solo rústico, urbanizábel ou de núcleo rural, segundo estabelece a instrución do 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, continúe sen tomarse en serio e sen darlle resposta a esta preocupante problemática existente en todas as parroquias do municipio, posto que se están a incumprir reiteradamente as franxas de protección tanto en torno ás vivendas e núcleos de poboación coma na propia rede viaria municipal, “e que está a nosa veciñanza a padecer diariamente este abandono das pistas e viais de acceso a vivendas e de interconexión entre núcleos rurais, xa que a estas alturas do ano seguen sen limparse e sen realizar ningún traballo de mantemento nas mesmas, o que supón, advirte a portavoz municipal do BNG Míriam Bermúdez, “un perigo constante para os usuarios destes viais en pésimo estado e sen apenas visibilidade”.
A convocatoria do programa de axudas ao mantemento de faixas de biomasa “O Que Non Arde” da área de Medio Rural da deputación de Lugo dirixido pola nacionalista Mónica Rancaño, nace como apoio aos concellos da nosa provincia. Miriam Bermúdez ve como “unha boa ocasión para que o Concello de Viveiro se poña as pilas e se sume a aqueles concellos da provincia que velan polo cumprimento da normativa de prevención e defensa dos lumes forestais. Unha oportunidade para que demostre que a Declaración de Estado de Alarma Climática que aprobou o Concello de Viveiro no pleno de xullo de 2019 foi máis que unha mera declaración de intencións e non só papel mollado, tal e como está a demostrou o Goberno de María Loureiro até o de agora, que logo dun ano da súa aprobación non puxo en marcha as medidas propostas polo BNG aprobadas en Pleno, tales como campañas de concienciación e/ ou a realización de programas de formación e asesoramento para fomentar os aproveitamentos dos usos do monte.”



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



