Viveiro, 11 de agosto, 2020. A alcaldesa de Viveiro recoñeceulle á portavoz do Bng, no pleno do pasado 5 de agosto, que o proceso de selección para a cobertura de dúas prazas de administrativ@s por acumulación de tarefas permanecía paralizado porque o goberno do psoe consideraba agora que non había necesidade destas contratacións posto que según eles o teletraballo do funcionariado durante estes meses axudara a axilizar a tramitación dos expedentes, e polo tanto, o goberno estaba plantexándose suspender definitivamente o proceso. Un proceso que se iniciou no mes de marzo e cuxos prazos foron interrumpidos durante a declaración do estado de alarma, pero que o propio concello, convén recordar, volveu retomalo no mes de xuño, unha vez levantada a suspensión de prazos administrativos, abrindo un novo prazo para que as persoas interesadas presentaran a súa solicitude para participar no mesmo.
Desde o BNG de Viveiro, que presentou no pleno un rogo á alcaldesa para axilizar este proceso selectivo, consideran esta rectificación como o resultado da improvisación e tacha ao goberno do psoe de falta de rigurosidade e planificación do traballo, ademais dunha total falta de respecto para coas persoas que se presentaron a este proceso que ata o día de hoxe agardaban pola publicación da listaxe de persoas admitidas no proceso e as datas das probas. A portavoz municipal do BNG considera inadmisible que o goberno de María Loureiro poña en marcha un proceso de contratación creando falsas expectativas laborais ás veciñas e veciños e que aínda por riba non se lles informe ás persoas que participaron neste proceso da súa suspensión.
Por outro lado, aos nacionalistas parécelles cando menos curioso que o goberno afirme agora que non hai necesidade deste persoal administrativo, cando en xuño consideraban o contrario e cando veñen fundamentando, de xeito reiterado, a sobrecarga de traballo e escasez de persoal nos servizo de contratación e retraso nos exptes de licitación pola falta de persoal tècnico especializado para levantar os innumerables reparos de legalidade formulados pola Intervención Municipal aos expedentes de pago de facturas nos que se lles advirte da falta de procedemento de contratación e aplicación das regras contidas na LCSP (Lei de contratos). E cando ademais no Servizo de Contratación segue sen cubrirse unha praza de técnic@ e no servizo de promoción de emprego están sen cubrirse, entre outras, a praza de auxiliar administrativ@ e a praza de administrativ@.
Para o BNG o que ven a evidenciar esta rectificación ademais da incapacidade de xestión e a constante falta de planificación do goberno municipal é a necesidade da posta en marcha de procesos selectivos mediante concurso_oposición para a elaboración de listaxes de contratación de persoal funcionario interino, de cara a facer substitucións ou executar programas temporais dentro de diversos postos, como neste caso é o do Grupo C1 da Administración Local, o q suporía poder cubrir as prazas vacantes nos diferentes servizos do concello e as necesidades puntuais de persoal dun xeito case automàtico, evitando a ralentización dos expedientes administrativos e contribuíndo así a mellorar a súa eficiencia na prestaciòn de servizos á veciñanza de Viveiro e na relación interadministrativa co resto de administracións e organismos públicos.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



