Viveiro, 15 de agosto, 2020. Os Camiños de Santiago forman parte sen dúbida do patrimonio cultural de Galiza, camiños de peregrinación que se iniciaban por toda Europa para chegar á Catedral de Santiago situada no Reino de Galiza. Camiños que aínda hoxe en día, séguense a utilizar aínda que con moita menos devoción relixiosa e máis como turística e deportiva.
Os trazados dos camiños fundaméntanse no recoñecemento do seu uso como rutas de peregrinación de longo percorrido que estruturan, conforman e caracterizan o territorio que atravesan. As rutas principais dos Camiños de Santiago son: o Camiño Francés; o Camiño do Norte, ruta da costa e ruta do interior, tamén coñecido como Camiño Primitivo ou de Ovedo; o Camiño Inglés; o Camiño de Fisterra e Muxía; o Camiño Portugués, interior e da costa; a Vía da Prata ou Camiño Mozárabe; e o Camiño de Inverno. Mais tamén poderán ser recoñecidas como Camiño de Santiago aquelas rutas das que se documente e xustifique convenientemente a súa historicidade como rutas de peregrinación a Santiago de Compostela e a súa influencia na formalización da estrutura do territorio polo que transcorren.
Por todo isto, dende o BNG de Viveiro solicitábamos en pleno que se nos fixera entrega dunha copia da documentación relacionada co Camiño do Mar coa que conta o Concello, como tamén, formulábamos as seguintes preguntas: cales foron as accións promocionais desta ruta postas en marcha polo Concello, e qué tramitación teñen feito para o recoñecemento da Xunta de Galiza deste camiño como ruta Xacobea que pasa por Viveiro.
“Por desgraza a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Turismo, Marisol Rey, non fixeron máis que confirmar que en 10 anos non fixeron nada pola promoción desta ruta Xacobea que atravesa Viveiro” afirma Míriam Bermúdez, e incide “en que son máis de dúas lexislaturas sin molestarse en falar coa Xunta, tampouco teñen ningún tipo de documentación nin reuniron información algunha ao respecto deste camiño, cando é imprescindíbel tela para xustificar a historicidade do Camiño do Mar e lograr que saia aprobada esta ruta como unha alternativa máis dos Camiños de Santiago. O Concello é o organismo competente ao que lle corresponde tramitar esta documentación”, conclúe Míriam Bermúdez.
Cade deixar claro e aclararlle ao Goberno Local do PSOE, que o “Camiño do Mar” é unha cousa, e facer o camiño polo mar é outra ben distinta, que está ben que haxa xente que o faga en barco pero non ten nada que ver coa historia nin cos trámites necesarios para declarar ruta Xacobea ao Camiño de Santiago que atravesa Viveiro. Xa que no pleno nin parecían ter clara esta diferencia.
Dende o BNG de Viveiro rematamos de soliciarlle á Conselleria de Turismo da Xunta a información acerca dos trámites e da documentación existente, así como da necesaria para declarar ruta Xacobea ao Camiño de Mar que atravesa Viveiro. Tal e como fixemos cando nos puxemos en contacto coa Consellería de Medio Rural, solicitando información de porque seguía a prohibición da couza da pataca en Viveiro, ante a falta de interés e información dende o Goberno de María Loureiro.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



