Santiago, 24 de Agosto , 2020. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón trasladou ao presidente do Parlamento galego que o BNG non apoiará a investidura de Feixóo porque existen grandes diferencias entre o programa político do Partido popular e o programa do BNG. As políticas do Partido popular durante 11 anos, dixo Pontón, centráronse en “escatimar recursos para o sistema educativo e recortar a sanidade pública” sobre todo, a Atención primaria cun recorte de 2.000 M€.
Ao longo destes anos, engadiu a portavoz do BNG, o programa do Partido popular destruíu grande parte do tecido industrial, miles de persoas víronse obrigadas a emigrar e non se puxeron en marcha medidas para loitar contra o cambio climático. Dentro dos sinais de identidade do PP, afirmou, están os “ataques á nosa lingua e cultura” asfixiando as políticas de normalización lingüística.
O programa do BNG, explicou a nacionalista vai na dirección de “blindar os servizos públicos”, sobre todo a educación e sanidade e rexeitou o modelo do Parido popular que converteu a “saúde nun negocio”. Por outra parte, dixo, o BNG defende as enerxías alternativas, a innovación, reindustrializar Galiza e un modelo económico que permita o desenvolvemento e o benestar.
Máis autogoberno para que Galiza xestione os seus recursos
Ademais, Pontón volveu a reivindicar “máis aoutogoberno” para que Galiza xestione os seus recursos e poder enfrontar o reto de superar a crise provocada pola COVID-19.
Non compartimos o programa do Partido popular e durante estes catro anos traballaremos para que no ano 2024 se produza o cambio político en Galiza liderado polo BNG, “somos á alternativa para construír esa outra Galiza posible”, aseverou.
A líder do BNG anunciou unha oposición “construtiva” e de man tendida para acadar “grandes acordos a favor de Galiza” nun contexto marcado pola Covid-19 e para abordar as grandes preocupacións da cidadanía en materia de emprego, listas de espera, unha sanidade pública reforzada e ofrecer expectativas de futuro á mocidade e políticas de proteccións para o noso medio ambiente.
Esta lexislatura, insistiu Pontón, debe ser a dos grandes acordos porque estamos nun momento non que non serven “os seguidismos partidistas, oposicións inútiles nin maiorías cegas e xordas”. Dende o BNG traballaremos nesa liña e poñendo por diante sempre os intereses de Galiza.
A líder do BNG exise “responsabilidade” á Xunta ante o inicio do curso escolar
A nacionalista criticou a falta de resposta da Xunta ante a repunta do virus e afirmou que o goberno galego non está poñendo en marcha medidas adecuadas para a súa contención. Dende o BNG, “exiximos responsabilidade á Xunta” para velar pola saúde das persoas pero tamén ante un inicio de curso escolar que debe ir acompañado de medidas extraordinarias. A Xunta tivo seis meses para preparar o inicio de curso e a poucos días da volta ao colexio non contamos con medidas claras que garantan a seguridade dos nenos e nenas. Na súa opinión, poñer os medios para unha volta segura responde a “unha decisión política” e pediu á Xunta que “rectifique” porque é posible reducir as ratios e poñer en marcha os medios acuados contra a pandemia.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



