
11,00 h.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, manterá un encontro con representantes do Grupo Liberty House. Na sala de Xuntas da Consellería de Economía, Emprego e Industria (edificio administrativo de San Caetano, 4º andar).
foto xoán crespo
03/08/2020
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2020. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, mantivo un encontro esta mañá con representantes de Liberty House, grupo interesado na compra de Alcoa San Cibrao, tras o que pediu ao Goberno e á multinacional que se sumen á senda do acordo para permitir darlle unha solución á planta da Mariña.
O conselleiro explicou que, tras a reunión, constátase que hai unha posible solución e un plan industrial para Alcoa que permite darlle continuidade á planta de produción de aluminio primario e aos mil empregos que dela dependen.
Por iso, a raíz de coñecer esta nova proposta, Conde reclamou ao Goberno que retome de xeito inmediato a mesa multilateral para constatar as necesidades do plan industrial, necesidades que están vinculadas á un marco enerxético estable: “Necesitamos o compromiso efectivo do Goberno a través dun marco eléctrico que dea viabilidade á planta”, asegurou.
En canto a Alcoa, a autoridade laboral reiterou a súa petición para que a empresa retire o ERE, outorgando o tempo necesario para facer efectiva esta operación de compra-venda: “Volveremos facer unha advertencia para que, á luz da información e do plan industrial trasladados por Liberty House, Alcoa retire o ERE e se aveña a unha solución ordenada e a unha solución industrial que garanta o mantemento do emprego”, finalizou.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



