O Hotel Vila do Val inclúe na súa carta novos pratos veganos cos que amplía a súa oferta gastronómica. O bonito é tamén protagonista estes días. A cociña do Vila do Val ofrece novas elaboracións veganas na súa carta. Son: unha hamburguesa vegana, e un prato combinado composto de espetada de tofu e verduras acompañado dun arroz salteado con améndoas e pasas.
