Despois da guerra de 1808-1814, cando as Potencias europeas que venceron Napoleón recoñeceron como Rei das Españas e das Américas ao pai do tataravó do Rei Emérito, 69 dos 212 deputados das Cortes de Cádiz refugou de toda a evolución liberal que viviran as Españas dende 1808 e asinou o chamado Manifesto dos Persas, no que viñan dicír que era costume dos antigos persas padecer-ou seica desfrutar-de cinco días de anarquía despois da morte do seu rei (shah), mais facían un temperán exercicio de postverdade, porque ningúen puido precisar dende aquela de que fontes históricas quitaban ese suposto costume iraniano. Seguían despois os deputados da minoría servil das Cotes pedindo a derrogación dos principios liberais e democráticos da Constitución de 1812 e a volta ao Antigo Réxime.
Dirán vostedes que terán que ver aqueles 69 de 1814 cos 70 antigos ministros e altos cargos de pasados Gobernos do Estado do PSOE,PP e UCD que nesta segunda metade de agosto veñen reivindicar a memoria e imaxe do anterior Xefe de Estado, no que semella parte do desenvolvemento dunha operación do Deep State para salvar ao Borbón Emérito, como no seu día cumpriu salvaro ao Soldado Ryan.
Dixen ben, ao Borbón Emérito. Porque, no contexto da sección cortesana deste Deep State, non falta quen esixa (velaí o profesor Muñoz Machado ou a avogada do Estado Elisa de la Nuez) rachar definitivamente coa memoria de Xoan Carlos de Borbón e Borbón e afortalar una nova Coroa alicerzada nunha suposta e hipotética transparencia e exemplaridade do actual Xefe do Estado, que esixiría de grandes doses de frialdade e desleixo a respecto da historia da transición e post-transición entre 1978 e 2014.
Pois si teñen moito a ver os 69 de 1814 cos 70 de 2020. Porque non é moi difícil decatarse que a crise do Emérito e do juancarlismo é, tamén, a crise da Coroa, da Monarquia e mesmo do Estado da transición de 1978. E, do mesmo xeito que no 1976-1980 houbo centos de cadros franquistas que tiveron que liscar da escea política para que cadrara a reforma de Suárez evitando a ruptura democrática a teoría gatopardiana esixe arestora importantes remudas superficiais para que a cerna do sistema non mude.
Mais o que nace de novo adoita coexistir co vello, que loita por non morrer. O perímetro dos conceptos “cómpre mudar todo” e “ para que nada mude” son permeábeis ás circunstancias históricas e esta caste de procesos adoita levar por diante estruturas políticas, institucións e mesmo supostas soberanías por diante. As crises europeas de 1848-1852, 1866-1871, 1918-1920, 1945-1949 e 1989-1996 están cheas de exemplos.
Os 70 asinantes saben que pertencen aos sectores perimetrais do Sistema que son prescindíbeis.



















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



