Ribadeo, 3 de agosto, 2020. O pasado 17 de xullo o IES Ribadeo Dionisio Gamallo recibiu a noticia da selección como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo para o curso 2020-2021.
O traballo desenvolvido desde fai anos desde a Coordinación de Proxectos Europeos acada así un recoñecemento máis polo seu esforzo e dedicación ao ensino, á realidade europea e á necesidade de unir países e persoas na construción dun futuro en común.
O programa ten por obxecto estimular o coñecemento de Europa e da democracia parlamentaria europea entre os xoves, proporcionándolles un coñecemento activo da Unión Europea e do Parlamento Europeo en particular. Trátase tanto de ensinar datos sobre a Unión Europea como de ofrecer a oportunidade de experimentar a cidadanía europea: o que significa a Unión na vida cotiá e o que podemos facer para lograr que, no futuro, Europa sexa como os seus cidadáns desexen.
As directrices básicas que os centros implicados deben seguir durante o curso son: manter actualizado un Punto de Información sobre o Parlamento Europeo; traballar contidos relacionados co Parlamento Europeo; levar a cabo actividades durante o curso relacionadas coa Unión Europea (conmemoracións, eventos, datas significativas); celebrar o 9 de maio, “Día de Europa”;…
De todas estas iniciativas xa hai información da web do centro, e no propio blog do departamento de Filosofía, no que se encadra esta tarefa complementaria que a tantas xeracións de Ribadeo ten acompañado por Europa. De forma resumida podemos comentar que os contidos sobre a historia europea están incluídos na materia de Historia ao longo dos diversos cursos, pero tamén aparece de forma transversal noutras materias como Valores Éticos ou Valores Democráticos Europeos, desde diferentes e actuais perspectivas. Así mesmo o IES Ribadeo oferta de forma exclusiva a optativa de Europa para o alumnado de 1º de Bacharelato, aínda que restrinxida a unha determinada modalidade de bacharelato. Tamén figura no Plan de Internacionalización do centro a oferta de programas ERASMUS+ tanto para o profesorado, como para o alumnado e para colaboración entre institucións, como xa realizamos desde o curso 2015, e cuxas experiencias están relatadas no blog de Filosofía que atoparedes na web do centro.
Noraboa pois a toda a comunidade educativa de Ribadeo porque isto sitúa ao noso centro para o curso 2020-2021 como única Escola Embaixadora de Parlamento Europeo de Lugo, unha das 6 de Galicia, e unha das 100 de toda España. Esperamos que o traballo do alumnado e a colaboración do profesorado supoña un aliciente máis para o vindeiro curso.
Manuel Yáñez Dablanca
Coordinador de Proxectos Europeos
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



