Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2020. O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro cos responsables do grupo Liberty House para coñecer o plan de futuro que teñen previsto desenvolver na planta de Alcoa San Cibrao no caso de que a operación de compra-venda da factoría se resolva de forma satisfactoria. Nese sentido, Feijóo trasladoulles a máxima colaboración do Goberno galego e agradeceu a disposición ao diálogo de todas as partes.
Ao termo da xuntanza, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, que tamén participou na mesa multilateral de Alcoa San Cibrao convocada para hoxe, subliñou que a Xunta vai seguir, como ata o de agora, aberta a colaborar e formar parte da solución se esa solución pasa por un proxecto viable e de futuro que garanta o mantemento dos postos de traballo e da actividade dunha factoría esencial para o desenvolvemento económico de toda a comarca da Mariña.
Así, precisou que se lle trasladou a Liberty House a disposición da Xunta a colaborar na tramitación administrativa e no asesoramento técnico para sacar adiante os proxectos definitivos que se inclúan no plan industrial. Ao respecto, engadiu que tamén se lles solicitou que esta planificación vaia acompañada dun plan financeiro e dun cronograma onde se recolla a posible entrada en funcionamento das diferentes actuacións. Conde sinalou que, ademais, o Goberno galego se compromete a incluír estes proxectos nas propostas de Galicia ao Fondo Europeo de Recuperación. “Pedímoslle que se concrete un plan industrial, unha aposta firme para facer investimentos que garantan a viabilidade da planta en San Cibrao e o máximo esforzo para que se poida concretar esa oferta”, explicou o conselleiro, que engadiu que a Alcoa, por outra banda, a Xunta demándalle proactividade para poder acadar ese acordo.
Á espera de como avancen as negociacións ao longo das seis semanas de prazo que Alcoa e o comité de empresa se deron para seguir co período de consultas do ERE, Conde insistiu en que este é un momento clave e decisivo para o futuro de Alcoa San Cibrao e o milleiro de familias que dependen dela, polo que instou a aproveitar esta última oportunidade. “Temos iniciado o proceso, son seis semanas, e é agora ou nunca”, enfatizou.
Con este obxectivo, fixo un chamamento á responsabilidade de todas as partes e demandou novamente ao Goberno central que estableza un prezo eléctrico competitivo que permita reducir os custos enerxéticos de factorías como a de Alcoa en San Cibrao. Un marco enerxético indispensable, dixo, para que Alcoa e Liberty House poidan avanzar nas negociacións.
Nese contexto, nada se pode facer se non hai un Estatuto para os consumidores electrointensivos, un sistema de compensacións por custos indirectos de CO², se non se activa o novo mecanismo de xestión da demanda que substitúa a poxa por interrompebilidade e se non hai o compromiso firme do Goberno de avaliar que proxectos do plan industrial de Liberty House poden optar ao Fondo Europeo de Recuperación.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



