Lugo, 20 de agosto de 2020.- A vicepresidenta Maite Ferreiro participou esta tarde na inauguración da Feira do Libro de Foz, organizada polo Federación de Libreiras e Libreiros de Galiza coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo, do Concello de Foz e da Xuna de Galicia.
Na súa intervención, Maite Ferreiro valorou o “empeño e interese das librarías en buscar solucións imaxinativas para seguir mantendo estas feiras” e “achegar os libros ás rúas e prazas das vilas e cidades de Galiza”
Caseta do Servizo de Publicacións
O Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo conta coa súa propia caseta na feira, na que participan as librarías Bahía, Aenea, Padre Feijoo e Cortizas. O posto é un escaparate para as publicacións que edita o servizo, centradas en temas de interese provincial que pasan esencialmente pola historia, a xeografía, a etnografía, a arte, os estudos literarios, a arqueoloxía, o turismo, o patrimonio cultural material e inmaterial e a divulgación das actividades e estudos xerados polos centros culturais da institución como os museos provinciais.
“A memoria mergullada. Fotografías de Portomarín 1952-1963” de José López López; “Cervantes, un concello con historia” de Pilar Carpente e Xabier Moure ou “Aldeas e vales da Serra de Ancares. O territorio desde dentro” de Vanessa Fernández son algúns dos últimos traballos editados polo Servizo de Publicacións.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



