Lourenzá, a 20 de agosto de 2020. O voceiro do Grupo Municipal do PP en Lourenzá, Javier Rodríguez Barrera, lamenta que “o PSOE despois de cinco anos no goberno culpe ao PP dos problemas cos desbroces” e urxe ao goberno local a xestionar e planificar adecuadamente os labores de roza no termo municipal e “non botar a culpa de todo aos demais”.
Rodríguez Barrera lamenta que “o tractor do Concello estea sempre parado” e que, “dende o goberno local o único que fixeron nestes cinco anos en relación aos desbroces foi queixarse”. Pero, “o da herdanza recibida xa non cola”, manifesta.
Falando de herdanza, asegura o popular que “o actual goberno deixará aos que veñan detrás un auténtico ermo” e como exemplo cita que “o goberno do PSOE de Lourenzá adquiriu un tractor novo no marco cun convenio co Concello de Trabada. E, despois de romper o convenio, continúan pagando o segundo semestre do ano 2019 a pesar de non facer uso do tractor nin do chofer que lle correspondería ao municipio de Lourenzá”. Critica, polo tanto, que “o goberno local gastou 36.000 euros no ano 2019 da parte dun tractor que non se usou e, aínda por riba, rematou por botar man dunha empresa privada que fixo o traballo correctamente, todo hai que dicilo, para sacarlles as castañas do lume”. Pero, “iso non é xestionar ben os cartos de todos”, considera o voceiro do Grupo Municipal Popular.
Javier Rodríguez Barrera indica tamén que “a día de hoxe aínda hai moitas estradas sen rozar e, como lles dixemos no pleno, levan así máis dun ano. O concelleiro de obras e tenente de alcalde explicou na sesión plenaria moitas cousas sobre o servizo entre as que sinalou como razón para que a estrada provincial LU-P-2804 que vai dende o Pedrón á Cazolga fose a primeira en rozarse nas últimas dúas temporadas é que pasea moita xente por ela”. Nese sentido, o popular considera “pouco ético que se limpe antes que outras de titularidade municipal polas que tamén pasea a xente. Ademais, ao pouco de rozala, volveuna limpar a Deputación. Polo tanto, limpouse catro veces nun período dun ano e dous meses mentres que outras estradas que dan servizo aos veciños teñen que esperar”. O popular indica que “agora se dedican a poñer fotos do que rozan coma se fose un logro” e recórdalles que “facer o seu traballo non é un logro é unha obriga”.
O voceiro popular lamenta tamén “a falta de previsión” porque “as áreas recreativas tiñan que estar xa rozadas en maio cando a xente puido empezar a saír tralo confinamento”. E critica tamén a “mala xestión do PSOE en Lourenzá que provocou que non dispoñamos dunha brigada contra incendios por mil escusas que so cren dende o equipo de goberno”, conclúe.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



