Lugo, a 6 de agosto de 2020. Os senadores do PP lucense cren que o acordo sobre o uso dos aforros dos concellos marxina ao rural e, polo tanto, interésanse na cámara alta por coñecer as consecuencias para os concellos lucenses da proposta do Goberno sobre o uso dos remanentes de tesourería das entidades locais. “Queremos saber como afecta e en que prexudica ao rural da nosa provincia esta decisión do Goberno que saíu adiante na xunta de goberno da FEMP cos únicos votos a favor do PSOE e o voto de calidade do presidente, Abel Caballero”, manifestan.
Preguntan así mesmo os populares no Senado a canto ascende a cantidade total do remanente dos concellos en toda a provincia de Lugo; así coma o remanente de cada Concello de forma individual. E, nese sentido, cantos concellos da provincia quedan fóra do reparto dos 5.000 millóns de euros habilitado polo Goberno para ingresar ás entidades locais entre o 2020 e o 2021; pero só a aquelas que teñan entregado ao Executivo a totalidade dos seus remanentes de tesourería a 31 de decembro de 2019.
Censuran os senadores do PP esta decisión que “marxina aos concellos que non contan con remanentes ou que pecharon o 2019 con débeda”; xa que “non recibirán nin un só euro”. O Executivo central repartirá os fondos única e exclusivamente entre as entidades locais que se adhiran ao acordo; pero só poderán adherirse aquelas que teñan remanente positivo. As que teñan débeda deberán amortizala e, trala súa amortización, poden quedarse sen remanentes e, polo tanto, excluídas do fondo”, explican.
Trátase dun acordo “decepcionante e totalmente inxusto para as entidades locais” que “non poderán gastar este ano o seu remanente, debido a que estará nas mans do Goberno que non empezará a devolvelo ata o ano 2022”. Isto é máis grave aínda nestes momentos porque, segundo expoñen, “ante unha crise económica como a que estamos enfrontando, esta proposta do Ministerio de Hacienda non recolle ningunha posibilidade de investir os remanentes municipais en medidas de fomento e recuperación do emprego; senón que, pola contra, pon unha cuestión contable por enriba das necesidades dos cidadáns”.
Os senadores do Partido Popular tildan este acordo como “un espolio para os concellos e as deputacións” porque “dá vía libre ao Goberno central para facerse cos aforros municipais”.
Os populares condenan, ademais, que “este acordo sen consenso traizoa a vontade das entidades locais” que tiñan solicitado por unanimidade ao Goberno de España poder utilizar o 100% do seu remanente de tesourería para gastos xerais como recurso imprescindible, flexibilizar a regra de gasto, un fondo de 5.000 millóns de euros incondicionado para todas as entidades locais con atención especial a aquelas que non dispuxeran de Remanente de Tesourería ou consideradas en situación de risco financeiro; outro fondo para o sostemento do transporte público urbano colectivo e un terceiro fondo para a xestión do Ingreso Mínimo Vital.
Ataque á autonomía local
Para os populares este acordo que non goza do consenso habitual da FEMP destrúe a autonomía local recoñecida no artigo 137 da Constitución porque “obriga ás entidades locais a gastar o diñeiro recibido nunha lista de actuacións definidas polo Goberno”.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



