Mentres as empresas do incomunicado Polígono de Landrove sofren as consecuencias da fenda dixital en pleno século XXI, as empresas dos polígonos colindantes de Mondoñedo, As Pontes, Lourenzá e Ribadeo dispoñen de servizos de internet a través de fibra óptica porque estes polígonos foron beneficiarios do Plan de banda larga da Xunta, financiado nun 75% de fondos europeos FEDER.
Está claro que contar cunha cobertura de fibra óptica convertiuse nun servizo imprescindíbel na actualidade, cousa que se fixo aínda máis evidente durante estes meses da crise sanitaria da Covid-19. Máis alá do uso persoal, a nosa veciñanza precisa hoxe en día, máis que nunca, contar cunha conexión de velocidade digna coa que poder teleducar, teletraballar, interrelacionarse coas administracións e poder realizar os seus trámites administrativos través das sedes electrónicas das mesmas. Así mesmo, no plano empresarial e económico é un factor clave para que as empresas podan desenvolver a súa actividade económica en condicións óptimas, máxime cando falamos de zonas de carácter rural. Pero esta problemática non parece estar na axenda política do goberno de María Loureiro porque nada se sabe que fixeran para impulsar a conectividade de redes ultrarrápidas nestas zonas de Viveiro para así correxir a fenda dixital que están a padecer moitas veciñxs e empresarixs de Viveiro. Desde o BNG imos esixirlle á Xunta a inclusión de Viveiro no Plan de Banda Ancha de Galicia 2020 e ao Goberno Municipal que traballe de cara a incluír a Viveiro na convocatoria 2020 do Programa de Extensión de Banda Ancha de Nova Xeración 2020-2022 do Ministerio de Asuntos económicos e Transformación Dixital, que conta con 150 millóns de euros para o despliegue de redes ultra rápidas nas zonas rurais e con menos población.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



