Santiago de Compostela, 29 de Setembro 2020.- O BNG centrará o próximo pleno en dúas cuestións que considera clave no inmediato: a situación de ALCOA-San Cibrao que require dunha resposta urxente e a distribución do fondo COVID europeo, que está chamado a ser un recurso clave para financiar a reactiviación económica.
Neste sentido, o obxectivo do Bloque é conseguir unha posición de país que dea forza negociadora a Galiza ante o Goberno do Estado e evite ningún tipo de discriminación ou agravio na distribución, e para iso propón crear unha ponencia parlamentaria que permita aos tres grupos expoñer as súas propostas en aras dun acordo a favor de Galiza.
“Impulsaremos no próximo pleno, a través dunha proposición non de lei, a constitución dunha ponencia parlamentaria na que consensuar un acordo de país porque está en xogo o futuro dos e das galegas tendo en conta que a reactivación económica vai necesitar un investimento público forte e non podemos permitir que se perda nin un só euro do que lle corresponde a Galiza”, explicou a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, tras a Xunta de Portavoces.
Nese mesmo sentido, o Bloque propuxo ao resto de grupos axilizar a constitución da comisión de reactivación económica, social e cultural que debe empezar a traballar o antes posible co obxectivo, argumentou Rodil, “de ter as conclusións da comisión elaboradas antes de que remate o ano e demostrar así a capacidade desta Cámara de traballar coa eficacia e rapidez que esixe a situación de emerxencia do país. Ter as conclusión ao final de ano é o horizonte temporal que nos fixamos”. A petición de axilidade foi ben recibida e o BNG espera que se concreta tras o próximo pleno.
En relación á crise industrial e concretamente a situación de ALCOA será un asunto que protagonizará a pregunta de control ao presidente da Xunta que formulará a portavoz nacional, Ana Pontón, desde a perspectiva de que a única solución “viable, legal e posible” é a intervención pública do Goberno do Estado e do Goberno da Xunta para nacionalizar a fábrica de San Cibrado e garantir a continuidade da produción e do emprego”, indicou a viceportavoz parlamentaria, tras criticar o veto do PP á comparecencia do conselleiro de Industria.
Previamente, e desde Tomiño, a propia líder do BNG se manifestaba sobre este asunto antes os medios de comunicación.
Pontón pide vontade política a Xunta e Estado
“Que espera a Xunta e o Goberno do Estado para actuar dunha vez? Que esperan para facer unha intervención entre ambas administracións para nacionalizar a factoría, e salvar a toda unha comarca”, interpelou, despois de que onte mesmo mandase sendas misivas ao presidente do Executivo central e galego.
“É evidente que a multinacional está actuando de mala fe, con prepotencia e mesmo diría que con chulería e desprezo pola Mariña e por Galiza. E ante esa actitude non vale que Xunta e Estado sigan instalados nas meras declaracións, nesa actitude morna, indecisa, e sen iniciativa. Teñen que actuar xa: intervención pública e nacionalización. E posible, é viable e legal. Só fai falta vontade política, a mesma que tivo Merkel en Alemaña para nacionalizar Lufthansa con 9.000 M€. Se o Goberno do Estado rescatou a banca con 90.000 M€ ou as radiais madrileñas con 5.000, é hora de rescatar a planta de ALCOA estratéxica para o futuro industrial de Galiza”, proclamou.
Modificación puntual do artigo 84
Outro asunto abordado na Xunta de Portavoces foi o informe elaborado polos servizos xurídicos da Cámara para facilitar o correcto funcionamento do Parlamento, así como os dereitos e deberes dos e das deputadas, en caso de que a pandemia lles impida asistir ou ante un eventual gromo no Pazo do Hórreo.
A vontade de todos os grupos, indicou Rodil, é aportar unha solución por consenso e, nese sentido, estúdase unha modificación do artigo 84 do regulamento que recollería como actuar ante a pandemia desde unha redacción “rigorosa, moi concreta e pensada para esa situación excepcional”, que determine cuestións como a delegación de voto ou a participación telemática.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



