Lugo, 24 de setembro de 2020. A Semana Europea das Rexións e das Cidades2020 (#EURegionsWeek), o maior evento anual de política rexional da Unión Europa, manterá aberta ata este domingo a inscrición para seguir o obradoiro que coordinará a Deputación de Lugo, xunto a outros tres socios europeos, sobre o reto europeo do envellecemento activo post Covid-19. Neste encontro, que se celebrará de maneira virtual o día 13 de outubro, abordarase a situación das persoas maiores en Europa ante a pandemia co fin de intercambiar boas prácticas, ideas, medidas e solucións que fomenten o seu benestar e a mellora da súa calidade de vida.
Xunto á Deputación de Lugo, que expoñerá a súa experiencia na atención a persoas maiores e no envellecemento activo, neste obradoiro tamén participarán a rexión austríaca de Burgerland, que analizará os coidados domiciliarios, o municipio Palaio Fairo de Grecia, que abordará o investimento nun envellecemento saudable e activo a través da dixitalización, e a municipalidade italiana de Mantua, da rexión de Lombardía,que amosará a experiencia dun laboratorio local de innovación en benestar.
No encontro pode inscribirse a cidadanía en xeral, persoal técnico e axentes do sector sociosanitario e asistencial accedendo á seguinte ligazón: https://europa.eu/regions-and-cities/programme/sessions/1598
O Goberno da Deputación ve prioritario para as administracións públicas e axentes socioeconómicos incorporar factores demográficos no deseño e desenvolvemento de políticas sociais e de saúde para mellorar a calidade de vida das persoas e en especial dos maiores.
500 sesións de traballo
A Semana Europea das Rexións e das Cidades 2020 celebrarase de xeito virtual entre os días 5 e 22 de outubro. Ofrecerá aos participantes máis de 500 sesións de traballo dixital durante as tres primeiras semanas de outubro en tres áreas temáticas: empoderar aos cidadáns; cohesión e cooperación; e a Europa Verde.
O programa completo desta edición e a inscrición na Semana Europea das Rexións e das Cidades pódese facer en: https://europa.eu/regions-and-cities/register
A Deputación de Lugo foi seleccionada entre máis de 6.000 candidaturas para participar na Semana Europea das Rexións e das Cidades 2020, unha plataforma de comunicación e traballo en rede que agrupa rexións e cidades de toda Europa, incluíndo os seus representantes políticos, funcionariado, e expertos e académicos. Na edición de 2019 participaron máis de 9.000 persoas.
A institución provincial propuxo neste encontro europeo a discusión dos retos comunitarios sobre o envellecemento activo e saudable ante a crise de saúde global provocada polo coronavirus, na que o colectivo das persoas maiores é o máis afectado, e no marco do compromiso da Deputación co benestar dos maiores da provincia.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



