Burela, 16 de setembro de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, reuniuse en Lugo con responsables de Costas e de Portos cos que falou da EDAR e da empresa de produción de salmón que desexa instalarse na zona do Berbés. En Portos o rexedor solicitou a xestión compartida de dúas rotondas: a do acceso a Burela chegando desde Foz e á que se atopa no propio espazo portuario.
O alcalde dixo que “estiven falando co responsable provincial de Costas, basicamente de dous temas. Un deles é a EDAR que está pendente de construír na zona do porto. Abordamos as afectacións que pode ter e penso que está todo ben, xa fixeron a solicitude desde Augas de Galicia e por tanto non hai problema por parte de Costas para favorecer que se instale a EDAR no porto porque hai unha necesidade clara de volver a retomar este tema”.
Llano explicou que “hai dous proxectos: un deles é para a EDAR propiamente dita, onde se fai o tratamento dos residuos que chegan alí; e outro é para a obra complementaria que fai falta, onde vai o emisario e outras actuacións para decantar e evitar que existan inundacións cando chove moito. Estas obras son moi importantes e necesarias e van ser moi complexas, sobre todo a complementaria porque leva unha serie de tubaxes dun diámetro moi grande e por tanto vai ser complicada a súa colocación. Pero é unha obra moi necesaria, que hai que pensar en acometela e nada máis”.
O alcalde sinalou que “estivemos falando tamén da empresa que vai dedicarse á produción de salmón e que pretende instalarse na zona do Berbés. Abordamos a afectación que pode ter de Costas, sobre todo no referido á emisión de residuos. Penso que non vai haber problema dado que, segundo falamos hoxe, este tipo de empresas practicamente non contaminan, aínda que teñen que instalar un emisario a certa distancia. Eu penso que tal e como están as circunstancias agora mesmo Costas está para favorecer a instalación tanto da nova EDAR como desta empresa produtora de salmóns”.
Alfredo Llano engadiu que “tamén acordamos que se arranxe a escollera da Marosa, na zona máis perigosa da praia, onde se vai poñer unha sinalización para avisar aos que pretendan nadar nesa zona do perigo que pode existir”.
O alcalde tamén se reuniu nesta xornada en Lugo con responsables de Portos: “e en Portos estivemos falando de rotondas. Unha delas é a primeira que hai vindo de Foz, que nós queremos xestionar para tela adecuada e darlle importancia á entrada a Burela con singularidade. Queremos tela perfecta para que os visitantes poidan notar que chegan a un pobo que está atendido e coidado. Non hai ningún problema por parte de Portos e imos facer un convenio, que vou intentar que sexa o antes posible para poder facer o amaño da rotonda canto antes, coa Presidencia de Portos. Polo tanto vou solicitar unha entrevista e farei unha visita a Santiago para falar deste tema, para facernos cargo das rotondas a través dun convenio. A ver como establecemos a xestión das rotondas, tanto a que está no propio espazo portuario como a que se atopa na entrada de Burela. Polo tanto penso que a xestión debe ser compartida”.
Alfredo Llano seguiu a relatar que “tamén estivemos falando dos espazos que a xente de Burela quere utilizar para pescar no porto. E sobre este asunto agora mesmo estase traballando en Santiago para resolver este tema, non soamente para Burela senón de forma global, coa intención de habilitar unha serie de espazos para que se poida pescar no porto dunha forma normalizada, regulamentada e con seguridade”.
E engadiu que “ademais falamos da EDAR e da empresa produtora de salmóns para ver como podería afectar a Portos, que está en contacto coa empresa e penso que por parte deste departamento non vai haber dificultades para favorecer a instalación, como tampouco debe haber por parte de Costas ni do Concello”.
Fibra óptica
Alfredo Llano subliñou que “queremos favorecer as comunicacións en dous espazos que nos parecen interesantes. Por tanto queremos que se instale fibra óptica neses dous lugares: un deles é o pavillón polideportivo Vista Alegre porque alí esta tempada o club Burela Fútbol Sala intentará emitir por televisión o máximo de partidos posible porque agora poden acudir ao pavillón poucos espectadores pola redución de aforo debido á pandemia de Covid-19. Para que sexa unha emisión de calidade evidentemente teñen que ter tecnoloxía. Xa se falou coa empresa para ir estudando a posibilidade de instalar rapidamente fibra óptica tanto no pavillón Vista Alegre como na nave de redes, do que falei en Portos. Na nave de redes celébrase Expomar e polo tanto é moi necesaria a boa comunicación e a fluidez de datos alí por moitas razóns, tanto empresariais como de información. E Portos di que favorecerá, se é necesario, a súa instalación dado que xa ten canalizacións postas”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



