Penso que á amplísima mayoría da xente non lle preocupaba nadiña a presenza de El Rei no acto do Consello do Poder Xudicial (CXPX) na Escola Xudicial de Barcelona o venres 25-S, xusto nestes intres de grave crise económica e sanitaria que habería centrar as nosas prioridades na saúde e nas cousas de comer. Porén, o noso xuizo a respecto da visita real non só habería ser de indiferenza, senón mesmo de oposición crítica, pois que as visitas do Xefe do Estado desque rematou o confinamento (Poblet-Catalunya, Compostela o 25 de xullo, Tui este día) o único que xeran son gastos esaxerados en seguranza e incomodos para a mobilidade da cidadanía, mentres xuntan só un pequeño fato de monárquicos entusiastas que adoitan vulnerar todas as medidas sanitarias.
Claro é que as reaccións á ausencia de El Rei en Barcelona esta última sexta amosaron un CXPX caducado no seu mandato (dende hai dous anos )I en clara sintonía cunha Casa Real que semella esquecer que non ten máis marxe de actuación e presenza pública que a que determine o Goberno do Estado. Contra o que pensan algúns na Corte a Casa Real era consciente do balbordo que ía xerar a chamada do xefe do estado ao presidente do CXPX laiándose da súa ausencia en Barcelona.
A cuestión é moi grave en termos institucionais. Un Consello Xeral do Poder Xudicial caducado canto ao seu mandato e un Xefe do Estado que non elixiu ninguén, fillo dun Rei cuestionado polo seu comportamento ético durante case corenta anos amosaron un aberto cuestionamento ás decisións do Goberno do Estado (nomeado dende o consenso dunha maioría absoluta de investidura), xerando axiña acenos de apoio nas patronais CEOE e CEPYME e noutros voceiros do Deep state. É dicir, xerando inestabilidade. Filipe de Borbón e Grecia amosou abertamente, como hai tres anos a respecto do procès catalán, ser Rei de parte e non de toda a cidadanía. E abofé que semella estar cómodo instalado nesa parcialidade.
Porén, os líderes do Goberno estatal de coalición, Pedro Sánchez e Pablo Iglesias, seica só queren acenar cara o público, no canto de lle dar solución a este problema. Porque o que cómpre é por en valor a maioría absoluta parlamentaria da investidura para aprobar dúas leis orgánicas urxentes. A primeira a da reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial que lle quite ao CXPX a capacidade de nomear maxistrados e Presidentes de Salas (Tribunais Supremo e Superiores, Auidiencias Nacional e Provinciais) logo de caducado, do mesmo xeito que Pedro Sánxhez e Núñez Feijóo non puideron facer nomeamento ningún cando se atopaban en funcións. A segunda a aprobación da Lei Orgánica que regule os contidos do Título II da Constitución que regula a Coroa, para deixar ben claro que tanto o Xefe do Estado é só un alto funcionario sen ningunha caste de iniciativa nin de poderes, suxeito á axenda que sinalen os Gobernos competentes. O mesmiño que a raiña Elisabeth no Reino Unido ou o rei Wilhelmus nos Países Baixos.
Claro é que o Madrid político marca moito e os líderes dos partidos estatais supostamente progresistas adoitan estar máis pendentes de quedar ben perante cadanseu electorado ca de enxergar solucións políticas. Velaí que pase o tempo e que non estea tan afastado o día no que a dereita poida comelos polos pes.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



