Lugo, 10 de setembro de 2020. O Consello Provincial de Turismo acordou este xoves nun pleno extraordinario celebrado por vía telemática que os gañadores da primeira edición dos premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense fosen o Concello do Vicedo, a asociación de desenvolvemento rural Serra do Courel e a Fundación Uxío Novoneyra; e os de …E para comer, Lugo á gastronomía lucense fosen para a aplicación Xantarda e o restaurante Cantábrico da Fonsagrada.
Estes distintivos teñen por misión recoñecer publicamente a dedicación de distintas empresas, persoas, institucións ou entidades, os méritos polo traballo realizado en prol do desenvolvemento, do fomento e da promoción turística provincial, a traxectoria profesional e a posta en marcha de actuacións innovadoras e exemplares que teñan unha repercusión positiva no ámbito do turismo ou da gastronomía lucense.
Agora a decisión debe ser aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, como órgano competente para a resolución da convocatoria dos distintivos, e posteriormente publicarase no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, abriu o debate cunha reflexión sobre a situación sanitaria e económica provocada pola pandemia da Covid-19 e o seu “grave impacto” na hostalería e o turismo. “Máis alá das persoas, establecementos, institucións ou entidades que resulten gañadores nesta edición, penso que, neste momento, estes premios simbolizan un recoñecemento conxunto ao traballo realizado pola hostalería e polo turismo da nosa provincia, que amosaron unha grande capacidade de resposta”, subliñou.
Tomé Roca puxo o foco “na actitude de colaboración e compromiso á hora de adoptar medidas para loitar contra a expansión do virus, sen renunciar a unha actitude de reivindicación sensata”. Ademais, valorou positivamente as medidas adoptadas de cara á formación e reinvención do sector para aplicar novas rutinas de traballo. “Penso que esta capacidade de cambio e adaptación que mostra o turismo da provincia foi posible precisamente pola solidez das súas raíces xa que o turismo non masificado, de experiencias, de valor engadido, xa eran sinais de identidade da oferta de Lugo que agora hai que adaptar aos novos tempos”.
Os premiados
O xurado acordou distinguir a estas cinco iniciativas turísticas da provincia en función duns méritos e características propias que axudan a promover un turismo de calidade e propio da provincia de Lugo.
O Concello do Vicedo recibe galardón por desenvolver iniciativas e proxectos ligadas ao turismo sostible e responsable. É o caso dos Mércores de Natureza, a través dos que se impulsan actividades de turismo activo, nas que se mesturan accións deportivas, ornitolóxicas, de natureza e xeolóxicas. Tamén pola introdución dun conxunto de medidas para controla e mellorar a experiencia dos visitantes que acoden a coñecer o Fuciño do Porco e, entre outras, impulsar a Romaxe Viquinga, un evento vencellado ao patrimonio e á historia deste municipio da Mariña.
Á asociación de desenvolvemento rural Serra do Courel recoñéceselle a súa dedicación e traxectoria profesional e exemplar con continuidade dende o ano 1998, o impulso de accións innovadoras para crear produtos turísticos como o Courel Son ou a posta a disposición de ferramentas Tic como turismocourel.es e vivindocourel.es. Ademais, desenvolve iniciativas ligadas co turismo sostible e responsable, como a elaboración de guías de boas prácticas, rutas de interpretación ambiental, e entre as múltiples actividades que ten en marcha, traballa pola recuperación dos bens do patrimonio cultural e natural.
No caso da Fundación Uxío Novoneyra, o xurado premiou a súa dedicación e traxectoria profesional como institución, o desenvolvemento de accións innovadoras en materia de creación de produtos turísticos, o impulso de accións innovadoras e tamén o férreo traballo en prol da calidade turística.
A aplicación Xantarda – Onde queres ir a comer hoxe? resulta distinguida por ofrecer información sobre os restaurantes e bares de Chantada, con información pormenorizada das súas cartas, menús do día, horarios e ubicacións. Un traballo de dixitalización da hostalería local ofrecendo información actualizada aos visitantes e turistas, achegándoos á cociña de proximidade.
Tamén en gastronomía resultou galardoado o Restaurante Cantábrico da Fonsagrada por sacar adiante accións de promoción e fomento do consumo de produtos autóctonos por parte de empresas de restauración, profesionais independentes, entidades e colectivos públicos ou privados. Así mesmo, é o primeiro restaurante do país certificado polo CRAEGA para promover cogomelos silvestres de Monte Ecolóxico e fomenta nos seus menús a cociña de proximidade.
Entrega de premios
O premio ten carácter honorífico e consistirá na entrega dun diploma acreditativo e dun agasallo que nesta anualidade será unha peza de artesanía tradicional da provincia de Lugo. O día 27 de setembro, Día Mundial do Turismo, está previsto a celebración dun acto Salón de Actos do Pazo de San Marcos para entregar estas distincións aos premiados.
Esta é a primeira edición dos galardóns e está previsto que teñan carácter anual, segundo acordou o Consello Provincial de Turismo.
Órgano participativo e consultivo
A posta en marcha do Consello Provincial de Turismo é unha das medidas definidas ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo na Provincia de Lugo, pois establece a constitución de estruturas de xestión de carácter multidisciplinar e participativas que promovan accións en impulso da marca turística Lugo. Forman parte deste organismo 21 persoas relacionadas co turismo da provincia representando a asociacións, entidades e institucións, co obxectivo de impulsar a gobernanza turística a través deste novo ente participativo e consultivo.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



